20 de febrero de 2020
20.02.2020

Os gardiáns da microtoponimia galega

A rede cidadá de colaboradores de 'Galicia Nomeada' recupera 4.000 nomes de montes, leiras, fontes e mesmo penedos en dous meses

19.02.2020 | 20:41
Sinal no municipio de Teo, indicando a zona da Igrexa (o topónimo máis común de Galicia), na parroquia de Calo.

Galicia Nomeada, a aplicación posta en marcha pola Real Academia Galega (RAG) e a Xunta para a recolleita colaborativa da microtoponimia, recibiu dende a súa posta en marcha o pasado 20 de decembro máis de 600 solicitudes de persoas interesadas en rexistrar e xeorreferenciar nomes do territorio da súa contorna. En menos de dous meses, os usuarios e usuarias dados de alta introduciron na plataforma máis de 4.000 topónimos de montes, leiras, fontes e mesmo penedos ou rochas da costa en 140 dos 313 concellos galegos, un traballo colectivo de gran valor que amosa a boa recepción cidadá que está a merecer a plataforma.

Alén de compartir os nomes da terra e identificalos sobre a imaxe aérea do territorio galego dispoñible na plataforma, boa parte dos usuarios e usuarias achegaron audios coa súa pronuncia ou con lendas asociadas, e numerosas fotos de elementos de interese cultural como cruceiros, muíños, capelas, fontes ou pontes existentes na súa zona de traballo. Unha vez validada esta información pola RAG, calquera persoa poderá consultala entrando na ficha de cada topónimo no visor de Galicia Nomeada.

Por provincias, A Coruña é a que suma máis microtopónimos recuperados nas primeiras semanas de funcionamento da aplicación colaborativa, uns 1.500 que representan o 40 % dos 4.000 recolleitos ata o momento. Os nomes rexistrados pertencen a 47 concellos, a metade dos que hai no territorio coruñés. En Pontevedra recolléronse a cuarta parte dos microtopónimos, algo máis de 1.000, en case a metade dos seus concellos (29 de 61); os usuarios e usuarias de Ourense achegaron 767 novos nomes (19,5%) dende 20 dos seus 92 concellos (22%) e 553 rexistros dos máis de 4.000 realizados en apenas oito semanas (14 %) proceden da metade dos 67 concellos lugueses.

En canto ao traballo compartido polas persoas rexistradas, salientan as contribucións individuais dende Rianxo, onde a colaboradora Susana Silva achegou máis de 630 topónimos, e dende O Irixo, con máis de 509 topónimos incluídos por Xulio Dobarro. Destacan ademais achegas colectivas como os 1.025 topónimos xeorreferenciados en Silleda polo profesor Xoán Carlos García Porral mais o alumnado do IES Pintor Colmeiro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.