A principios dos 90, as persoas con discapacidade eran prácticamente invisibles para a sociedade galega. A barreiras físicas, pero tamén mentais, que había naquela época facían case imposible que puidesen acceder a dereitos tan básicos como ir á escola ou ter un emprego. O movemento asociativo decidiu entón coordinarse, axuntar forzas e dar un paso á fronte para buscar solucións ao illamento no que vivían a maioría dos membros do colectivo, especialmente no ámbito rural. Desa necesidade xurde a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), que este ano celebra o seu 30 aniversario. Tres décadas como chave da inclusión. Abrindo portas. Derrubando muros.

"Cogami nace coa finalidade de axuntar esforzos para facer máis visible ao colectivo das persoas con discapacidade, querendo alzar a voz para garantir uns dereitos mínimos que non había, e dos que nin sequera se falaba", sinala un dos partícipes da posta en marcha de confederación, Manuel Novoa, quen reivindica as figuras de Domingos Dosil, na Coruña, e Recaredo Paz, en Ourense, como os artífices iniciais dese comezo. "En Galicia, daquela, as persoas con discapacidade eramos un colectivo pouco visible socialmente, e totalmente excluído nos eidos educativo e laboral, nos que estaba todo por facer, ao igual que na accesibilidade", lembra Novoa.

Coincide plenamente con el o actual presidente de Cogami, Anxo Queiruga, con máis de trece anos de experiencia no cargo e toda unha vida vinculado ao movemento asociativo. "Comecei moi novo, con 12 anos, en Ambar, que é a Asociación de Persoas con Diversidade Funcional da miña terra, O Barbanza, e unha das primeiras entidades integradas en Cogami", sinala. Daqueles inicios, lembra "ir co presidente de Ambar, Manuel Parada, a unhas reunións que se facían nun piso de O Milladoiro". "Non entendía moi ben de que ía aquilo, pero Manolo sempre me dicía: 'Isto é algo que ten que ser bo para todas as persoas con discapacidade; hai que coordinar o movemento asociativo, porque por separado non facemos nada: os da Coruña van por un lado, os de Pontevedra, os de Ferrol e os de Barbanza imos por outro...'. O obxectivo era facer forza para ser máis visibles; aglutinarse baixo unhas siglas, neste caso Cogami, como mecanismo de presión", rememora Queiruga. "Así se puxo en marcha a confederación. Primeiro, coa federación da Coruña e, pouco a pouco, se foron incorporaron entidades das outras tres provincias. Do que se trataba, en definitiva, era de aglutinar ao movemento asociativo, de compartir unha idea de traballar polos intereses e os dereitos das persoas con discapacidade nun momento no que, aínda que poida parecer incrible, non traballabamos, era impensable que o fixésemos, e mesmo que fósemos á escola. Trinta anos non son nada, pero para o colectivo as cousas cambiaron moito", destaca.

Cando bota a andar Cogami, a principios dos 90, unha das cuestións que o movemento asociativo reivindicaba con máis vehemencia era o tema da accesibilidade. "As persoas con discapacidade apenas podiamos saír da casa. Moverse polas vilas ou polas ciudades cunha cadeira de rodas era unha misión casi imposible. Non había nin un rebaixo, as aceras e os locais non estaban adaptados...", subliña o presidente da confederación, quen lembra que, xa por aquel entón, se comezaba a reclamar con forza, tamén, "que os rapaces con discapacidade tiñan que ir ao colexio". "As tasas de escolarización eran totalmente inaceptables. E non porque fosemos máis listos ou máis torpes que ninguén. A realidade era que non había os apoios nin os medios necesarios para que os nenos con discapacidade fosemos á escola cos demáis rapaces", sinala, e engade: "Recordo que, na etapa escolar, os meus pais tíñanme que levar e ir buscar cada día ao colexio, e mesmo pagar a unha persoa para que me atendera alí. Un esforzo importante que non todas as familias podían asumir, e que supoñía outra eiva máis no desenvolvemento da persoa de cara ao futuro".

Daquela, destaca Queiruga, o transporte adaptado era "unha utopía". "Os colexios de accesibles non tiñan nada. Cando eu empecei, houbo que pelexar moitísimo para mover un tabique para que entrara a cadeira de rodas para o baño. E cando cambiaba de curso, na EXB, o que se facía era mover a aula dun curso de arriba para abaixo. Era una loita continua. E precisabas que a túa familia quixera dar esa loita, que non se conformara. A verdade é que fun un privilexiado, porque os meus sempre tiraron de min para adiante", sinala.

O acceso ao emprego era outra das cuestións polas que tocou pelexar máis durante os primeiros anos de Cogami. "Moitas persoas con discapacidade cobraban pensións non contributivas, pero outras non, e precisaban traballar para acadar recursos para vivir. Con todo, naquel momento case ninguén cría que unha persoa con discapacidade puidese traballar. Ao contrario, eramos vistos como un problema para a empresa, por todos os estereotipos que había asentados sobre o colectivo", rememora o presidente da confederación. De aí que "xurdise a necesidade de poñer en marcha algunha iniciativa empresarial; de crear centros especiais de emprego e economía social para amosar que tiñamos as capacidades para poder traballar e a necesidade de facelo, como calquera". "O emprego dáche unha independencia económica, uns ingresos que te axudan a encauzar a túa vida porque, con una pensión contributiva, ninguén vive. Se acaso, sobrevive", advirte.

Neste sentido, Queiruga lembra o intenso traballo que houbo que facer para cambiar a mentalidade da sociedade en xeral, pero tamén a das familias, e mesmo cos propios membros do colectivo, "para romper co paternalismo e o asistencialismo" predominantes. "Tratábase de empoderar, dedicirlle ás persoas con discapacidade 'ti podesfacelo, e contas con estes apoios', e de pelexar coas administracións para facerlles entender que non estabamos a pedir nada extraordinario, só que se garantisen os dereitos das persoas con discapacidade. E que iamos a batallar ata o último minuto para conseguilo", destaca.

Tamén Manuel Novoa lembrao importante labor que houbo que facer para que as persoas con discapacidade fosen "parte activa da sociedade". "Para que contasen connosco a todos os niveis", remarca, e engade: "Había moitos prexuízos. As barreiras máis importantes, as máis infranqueables, son as sociais, as mentais, as que cada un ponse, e as que nos poñen". Novoa, galardoado por Cogami en 2018 co premio Domingos Dosil á traxectoria persoal polo seu intenso traballoe o seu compromiso co colectivo das persoas con discapacidade, considera que, nos últimos trinta anos, "avanzouse bastante en temas como o educativo", máis recoñece que aínda "queda moito que facer para acadar unha accesibilidade universal". "Para conseguir que as persoas do noso colectivo leven unha vida máis autónoma e sexan as verdadeiras amas das súas vidas. Ou para acadar a plena inclusión nomercado laboral,sobre todo de persoas con grandes discapacidades", agrega. Anxo Queiruga tamén considera que os avances no eido da educación son "evidentes", aínda que insiste en que "sempre quedan cousas por facer".Con todo,recoñece que "hoxe unha porcentaxe altísima de nenos con discapacida de —arredor dun 98%— están escolarizados nos centros de educación ordinaria, sobre todo na etapa obligatoria". "Isto supón un paso moi importante de cara ao futuro dos rapaces que se están a formar", apunta o presidente de Cogami, aínda que matiza: "Quédanos que, unha vez rematada a etapa obrigatoria, teñan suficientes apoios para seguir formándose, se así o desexan, coma calquera outra persoa"

Con respecto ao emprego, o presidente de Cogami recoñece que "tamén se deron pasos". "A parte da posta en marcha de iniciativas de economía social, como é o caso do grupo de Cogami, se abriron portas na empresa ordinaria",indica Queiruga, quen reivindica os servizos de intermediación laboral como "unha ferramenta totalmenteválida,necesaria e fundamental para seguir avanzando nesa normalización e, sobre todo, na inclusión laboral e social do colectivo".Tamén destaca o uso que fixo Cogami, dende a súa creación, dos fondos europeos. "Onoso presidente fundador, Domingos Dosil,foi un visionario. Aproveitou moi ben eses recursos, porque moitas das iniciativas que temos hoxe en marcha viñeron de fondos europeos", apunta, e lembra que,na actualidade,a confederación emprega a un total de 1.180 traballadores de maneira directa, "e o 92% da nosa plantilla temos alguna discapacidade".

En canto aos retos actuais, o presidente de Cogami sinala que un dos máis urxentes é dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade que viven no rural. "Teñen que ter os mesmos apoios e os mesmos servizos que os residentes nas cidades. Vivir nunha vila ou nunha aldea non pode ser un escollo para que as persoas con discapacidade sexan donas da súa vida e póidana xestionar de maneira independiente", reivindica.

Queiruga recoñece que unha das cousas que máis lle "entristecen" é que, 30 anos despois, "haxa que seguir falando de accesibilidade" pola "falta de vontade política". "A accesibilidade non ten un custe maior, vai integrada no deseño. Que xa nos anos 80 o colectivo se botase ás rúas pola accesibilidade, e que hoxe,sigamos falando desa cuestión... Non é de recibo nunha sociedade avanzada como a nosa", resalta.