12 de marzo de 2020
12.03.2020
La Opinión de A Coruña

Ana Peleteiro dá o salto esta noite no 'Land Rober Tunai Show' da TVG

A atleta ribeirense visitará o estudio do espazo xunto a Lito, da orquestra Panorama

11.03.2020 | 19:42
Ana Peleteiro, o ano pasado, durante o Mundial de Doha.

Despois de proclamarse campioa de triplo salto de España en Ourense a fantástica Ana Peleteiro aterra este xoves no Land Rober Tunai Show. A ribeirense, que xa domina os estudios de televisión despois de ir a El Hormiguero, vén darlle que facer a Roberto Vilar. E ollo porque non vai estar soa nesta misión, xa que se une ao show Lito da Panorama que presentará a nova xira da orquestra.

Ademais, en exclusiva, revelarase quen foi o gañador do premio da lotaría que caeu en Ourense. Por se fora pouco, Ana Peleteiro enfrontarase aos retos do Land Rober Tunai Show, onde tamén terán que render contas Eva Iglesias e David Perdomo. Todo isto e moito máis con Roberto Vilar e compañía, esta noite, na Televisión de Galicia.

Por outra banda, no Quen anda aí? estará Luís, un veciño de Silleda que quere facerlle unha declaración de amor á súa muller, da que está moi namorado e á que quere agradecerlle o seu apoio durante a enfermidade que pasou recentemente. Ademais, estará no programa Carmen, unha muller moi solidaria, que dedica o seu tempo libre a visitar enfermos e anciás para facerlles compañía e contar catro contos.

Na sección de Marcial Mouzo estará Manolo, un dos promotores dos bancos panorámicos de Noalla, para contar que lle dedicou un dos coñecidos bancos ao home que lle salvou a vida. Por último, o Club dos catro correu a carreira para a que levaban tantos días adestrando.

Tamén na TVG, A Revista dedicará parte do seu tempo a falar de coleccionistas, e estará en directo en dous lugares: en Arteixo estará cun coleccionista de gramófonos e, en Catoira, visitará un coleccionista de chisqueiros. No estudio de gravación, estarán Antonio Cancela e Juan Cancela, irmáns e coleccionistas de guías Michelín. Tamén estarán presentes Carmen Celeiro e Sonia Val, coleccionistas de calendarios.

Ademais, o espazo da canle autonómica dará que falar sobre as cremas e os cosméticos, e coñecerá se a poboación sabe ler ben os ingredientes destes produtos e as proporcións que deberían conter de certos compoñentes, entre outras.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.