O número 380 do Boletín da Real Academia Galega xa está dispoñible en versión dixital na sección de publicacións de academia.gal. O groso do volume xunta quince contribucións sobre a vida e a obra do protagonista do Día das Letras Galegas, o etnógrafo Antonio Fraguas Fraguas. A colección de poesía Benito Soto, precursora e rupturista no espazo editorial galego, merece tamén unha atención especial no novo número da publicación nada en 1906.