O Día das Letras Galegas 2020 será una xornada atípica. Sen grandes actos e festexos en homenaxe o autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero e sen a habitual manifestación en defensa da lingua que congrega a centos de persoas en Compostela. Será unha data diferente, pero que manterá a súa esencia. Pese a que a Real Academia Galega aprazou ata o outono o pleno extraordinario con motivo da celebración do 17 de maio, onte anunciou que posto que a desescalada o permite, haberá unha pequena ofrenda floral ó autor na que fora a súa casa de Santiago. Tamén desde Queremos Galegos animan a cidadanía a amosar a súa defensa polo idioma nas fiestras e balcóns con pancartas e entonando o poema A fala de Manuel María, ahora versionado en formato musical por Uxía en compañía de Tanxugueiras e Faia.

A situación de crise sanitaria orixinada polo Covid-19 e o estado de alarma obrigaron a pospoñer ao 31 de outubro o tradicional acto académico que se ía a celebrar mañá en Ferrol, cidade natal de Carvalho Calero. Con todo, a RAG aproveitará a nova fase na que se atopa Galicia para render tributo ao filólogo, profesor e escritor cunha ofrenda floral ante o seu último domicilio, unha casa na rúa Carreira do Conde de Santiago.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, colocará o arranxo floral acompañado pola académica Margarita Ledo, que lerá un poema do homenaxeado, segundo informaron onte fontes da Academia.

Ademais, asistirán como convidados a esta pequena homenaxe o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e Antonio López, reitor da Universidade compostelá onde Carvalho Calero converteuse en 1972 no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da comunidade.

A pesar da imposibilidade de celebrar o tradicional Día das Letras Galegas polo Covid-19, a Academia reforzou estas últimas semanas a oferta de contidos dixitais ao redor da vida e obra de Carvalho Calero. Ademais, animou á sociedade galega a celebrar este día grande da lingua e da cultura galegas aproveitando as posibilidades das tecnoloxías da comunicación.

Está previsto retomar tras o verán as celebracións presenciais do ano de Carvalho Calero e a RAG está a estudiar se alonga a celebración do ano adicado ó autor ata o 2021, tal e como piden varias asociacións e entidades e para o que "hai argumentos", segundo recoñecen desde Política Lingüística, onde deixan a última palabra en mans da RAG.

Mais aló dos actos en homenaxe o autor galardoado cada ano, o Día das Letras caracterízase pola reivindicación do idioma galego. Os convocantes da habitual manifestación en defensa da lingua, Queremos Galego, animan este ano a saír ás 13.00 horas de mañá as fiestras para entonar a versión musicada do poema A fala que acaba de lanzar Uxía e que pode verse nas redes. Ademais animan a engalanar os balcóns con carteis en defensa do "desconfinamiento do galego".