As bibliotecas municipais da Coruña levaron a cabo ao longo de toda esta semana iniciativas virtuais para fomentar o "desconfinamento" da lingua galega e promover este idioma como "motor da creación" por mor da celebración do Día das Letras Galegos. Todo iso acompañado por unha completa programación para dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado.

De este modo, xunto á campaña nas redes sociais protagonizada polo cancelo #DesconfinarALingua -que anima ós cidadáns a cubrir a cara con materiais en galego (libros, cd, filmes) e colgalas imaxes en internet-, os usuarios das bibliotecas poderán gozar ata hoxe dun conxunto de actividades que combinan a homenaxe a Carvalho Calero e a potenciación do galego para crear, segundo informaban onte desde o Concello.

Ademais, o Teatro Colon tamen se suma a esta celebración virtual do Día das Letras no que anima á xente a que publique nas redes pezas deles lendo fragmentos dunha obra de Carvalho Calero ou que destaquen frases ou cancións en galego que se lles gusten especialmente. Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Uxía, Donaire, Rodrigo Romaní ou Xacarandaina son algúns dos artistas que participarán nesta iniciativa do teatro coruñés.