A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) rexeita participar no Plan Cultural para a reactivación do sector tras a Covid-19 da Xunta. Critican que a pedra angular sexa o Xacobeo do vindeiro ano e lamentan que estableza cláusulas abusivas e non defenda a lingua galega. Llamentan que estean a desaparecer as edicións deste ano (e mesmo futuras) de premios literarios consolidados, instrumentos necesarios para visibilizar as autoras e autores do país. "Os premios son unha ferramenta para crear", sinalan. A Asociación criticou que "só" foi convidada á presentación do plan cando estaba xa "pechado", un plan que "só pretende crear un banco de actividades".