18 de noviembre de 2020
18.11.2020
La Opinión de A Coruña

Carme Varela gaña o Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais por 'As desterradas'

O Barriga Verde de teatro de monicreques para adultos foi para Esther F. Carrodeguas e o de infantil recaeu en Carlos Losada-Galiñáns

18.11.2020 | 01:02

Carme Varela obtivo coa súa obra As desterradas o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na edición do seu vixésimo quinto aniversario. O xurado do certame -convocado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)- tamén outorgou o XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos a Esther F. Carrodeguas pola súa obra República sideral. Pola súa parte, Carlos Losada-Galiñáns gañou o dirixido ó público infantil por Pois eu!.

Nesta edición, o XI Manuel María de literatura dramática infantil foi declarado deserto, segundo informou a organización.

Para celebrar esta vixésima quinta edición do que é o galardón literario máis lonxevo de todos os do seu ámbito en Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade incrementou ata os 8.000 euros a dotación económica para a obra gañadora do Álvaro Cunqueiro, mentes que os outros dous galardoados recibirán 6.000 euros en cada caso. Ademais, estes certames comparten o obxectivo de estimular a creación literaria para teatro en galego e contribuír á súa maior proxección social, de xeito que as bases contemplan tamén a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións literarias que a Xunta mantén xunto con varias editoriais galegas.

Nesta ocasión, o xurado estivo presidido por Fefa Noia e del formaron parte como vogais Carmen Armesto, Carlos Biscaínho, Paula Carballeira, AveLina Pérez e Larraitz Urruzola. Para a emisión do seu ditame, valoraron os 107 textos presentados, dos que 50 optaban ao Álvaro Cunqueiro, 22 ao Manuel María e 35 ao Barriga Verde (20 na modalidade infantil e 15 na de adultos).

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.

 

Lo último Lo más leído