"Temos potencia creativa abondo" para reinventarnos. Foi unha das principais ideas que trasladou onte o presidente da Asociación Galega de Editores, Xosé Ballesteros, quen realizou o discurso oficial da Gala dos Premios do Libro Galego. Ballesteros falou en representación da Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarí?s de Galicia (FLG).O encontro, presentado por Quico Cadaval, outurgou os seus galardóns a diferentes referentes da cultura galega, entre eles Suso de Toro e Susana Sanches Arins.

Debido ás normas de distanciamento e celebración de eventos públicos para conter a expansión do Covid-19, a gala realizouse en formato virtual. Os galardoados pregravaron vídeos nos que deron as grazas polos premios.

Estas distincións -que contaron tamén coa axuda de Cedro (Centro Español de Derechos Reprográficos), a Xunta, o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña- teñen como fin recoñecer o máis salientable da produción editorial galega.

Na área de ensaio e investigación, Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia) foi a gañadora. No caso de Divulgación, o libro premiado foi A que cheiran as cores?, unha guía para coñecer o cerebro escrita por Juan Casto Rivadulla Fernández e publicada pola Editorial Galaxia.

Na narrativa, este ano Seique, que xa vai pola súa segunda edición ampliada, foi a gañadora. Esta obra pertence a Susana Sanches Arins e foi publicada por Através Editora. "O xurado valorou o exercicio da memoria persoal e familiar", destacou a organización.

En infantil, o libro gañador foi A tartaruga Amodovou, de Paula Carballeira (Oqueleo); en xuvenil, Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia).

No caso do libro ilustrado, Irmá paxaro, de Tamara Andrés e coas, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno) foi o que se fixo coa distinción. Sen embargo, o mellor libro de banda deseñada foi A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial).

En canto á iniciativa bibliográfica, Castelao. Construtor da nación Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago) foi o gañador.

No apartado de tradución, o xurado déralle o galardón a Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley, traducido por Samuel Solleiro (Aira Editorial).

En poesía, a gañadora fora Olga Novo por Feliz Idade, de Kalandraka Editora; mentras que en teatro, Citizen, Grupo Che?vere de (Kalandraka Editora levou o premio.

Pola súa parte, o libro mellor editado foi Fosforescencias, de Lupe Gómez que contou con ilustracións de Anxo Pastor. Esta obra fora editada por Alvarellos Editora. O xurado salienta a edición delicada, o emprego e combinación dos materiais e as ilustracións de Anxo Pastor.

En canto aos premios ás traxectorias, a distinción á mellor iniciativa cultural ou fomento da lectura foi para a Libraría Chan da Pólvora polo labor que realizou a favor da poesía e da lectura.

Como proxecto literario na rede, o galardón foi para Kalandraka TVpor promocionar a lectura a través desta canle, especialmente nos ámbitos da lectura infantil e xuvenil, con contidos audiovisuais adaptados aos gustos das persoas lectoras máis novas.

Por último, María Yáñez recolleu o premio ao xornalismo cultural, por unha traxectoria brillante loitando pola cultura do país a través de diferentes medios impulsados por ela.