A Real Academia Galega (RAG) celebrou onte o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas adicado ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago, 1990) no paraninfo da universidade compostelana, no mesmo edificio en que impartiu clases como primeiro catedrático de lingua e literatura galegas en Galicia. Á terceira foi a vencida, logo de que o acto previsto no Teatro Jofre de Ferrol no mes de maio suspendérase pola pandemia e que as restriccións obrigasen a aplazar a súa celebración en outubro en A Coruña. A sesión constou de tres alocucións académicas que profundaron na vida, na poesía e nas contribucións ao estudo científico do galego do filólogo, profesor, escritor e académico ao que a RAG lle rendeu homenaxe este ano a cargo de Margarita Ledo, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, reivindicou o exemplo de “don Ricardo, un referente no que podemos e debemos seguir traballando alén do ano da homenaxe”, e mais a presenza do galego en todos os ámbitos. “Nestes días en que volve a discutirse a utilidade dos idiomas e alguén quere reducir a cuestión a termos cuantitativos e excluíntes, a RAG reivindica o uso e a presenza da nosa lingua en todos os ámbitos, como fixeron os precursores das Irmandades da Fala, os precursores de Nós: uso e presenza tamén no ámbito educativo, en todas as materias, sen excepcións, pensando moi especialmente nas novas xeracións, ás que debemos dotar de ferramentas e espazos de actividade para o seu desenvolvemento”, expresou Freixanes. Demandou ademais aos poderes políticos, económicos e mediáticos “un apoio decidido” á difusión da lingua e da cultura galegas. “Somos conscientes de que unha cultura é fundamentalmente un espazo de comunicación, no que nos socializamos e sobre o que construímos o futuro na medida en que nos comunicamos e nos abrimos ao mundo. Somos universais porque queremos e sabemos estar no mundo, que é a contemporaneidade”, proseguiu o académico.

Logo, Margarita Ledo transitou polos versos dun autor que entendía a poesía como catarse e deixou o máis íntimo da súa personalidade reflectida nela; Ramón Villares trazou a biografía, escrita en tres escenarios centrais (Ferrol, Lugo e Santiago), de quen representa “o mellor da cultura galega do século XX”; e Francisco Fernández Rei, alumno do homenaxeado, analizou a evolución da súa visión do idioma, dende o galego autónomo ata o galego reintegrado que defendeu nos últimos anos. O presidente desculpou a ausencia por circunstancias persoais de Xesús Alonso Montero, que ía ofrecer outro relatorio sobre o autor.

Durante o acto, Freixanes recoñeceu que pese a “excepcionalidade” do 2020 debido o coronavirus, celebrouse unha “difusión sen precedentes” do Día das Letras e da figura de Carvalho Calero gracias as tecnoloxías, que permitiron que participase “o conxunto da sociedade” incluso “máis aló” das fronteiras de Galicia. Ainda así, desde o concello de Ferrol reclaman que as homenaxes a Calero sigan en 2021.