A Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega vén de facer público o informe sobre a primeira parte do Libro Branco de Escritor@s, un estudo destinado a ofrecer un panorama completo e detallado sobre a situación real dos escritores en Galicia. Participaron arredor de 150 autores, cun traballo de campo realizado en 2020 coa colaboración de Cedro e da Deputación da Coruña.

Segundo o informe, a profesionalización de autores está a níveis moi baixos e as posibilidades de vivir da escritura literaria son moi escasas segundo. Os datos económicos deixan clara a circunstancia: os ingresos medios en Galicia por dereitos de autoría supoñen menos de 1.000 euros brutos anuais no último ano da publicación dun libro.