“Tenemos una gran noticia! Se ha presentado ante la Unesco la candidatura de Ponte nas Ondas como Registro de Buenas Prácticas para su debate en el próximo Comité”. Así o anunciou o Ministerio de Cultura na súa conta de Instagram (@somospatrimonio). Segue así o proceso desde que a Comissão Nacional da Unesco de Portugal, o Ministerio de Cultura e a Xunta comunicaran oficialmente, hai xa tres anos, a súa intención de promover á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, ao Rexistro das Mellores Prácticas de Salvagarda co Patrimonio Cultural Inmaterial. Unha iniciativa que gaña impulso coa presentación oficial da candidatura na Unesco, asinada conxuntamente polos embaixadores español e portugués ante a ONU, Juan Andrés Perelló e António Nóvoa.