Susana Seivane aparece nos libros de texto como unha pioneira da gaita, pero antes ca ela houbo outras mulleres que tamén subiron ese instrumento aos escenarios. A artista recuperou onte a súa memoria na charla do mes de maio do ciclo As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán: Conversas na Casa-Museo, organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega (RAG) a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, co gallo do centenario do pasamento da escritora.