O Bloque Nacionalista Galego da Coruña publicou publicou hoxe nas súas redes sociais un vídeo coa historia dunha rapaza coruñesa que se decide a falar galego na súa cidade. "En absoluto é ciencia ficción. É algo que acontece todos os días", suliñan desde o BNG, e destacan a súa preocupación pola situación de perda de falantes do idioma de Galicia pero inciden na "esperanza" de exemplos como o que simboliza a rapaza do vídeo. "Todos os días hai boas noticias, como a de esta rapaza a tomar a decisión de falar galego na nosa cidade", destaca o Bloque.

Acusan os nacionalistas ó Goberno galego de Alberto Núñez Feijóo de favorecer unha menor presenza da lingua galega nas aulas. No tocante ó ambito concreto da cidade da Coruña, os nacionalistas consideran que "timidamente si que se deron algúns pasos adiante, como a recente aprobación da ordenanza do Galego, impulsada polo BNG, un necesario impulso á normalización do noso idioma cuxo cumprimento loxicamente vixiaremos".

Destacan desde o BNG que, en vísperas do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro luns 17 de maio, a mensaxé é clara: "Queremos galego e querémolo aquí e agora, querémolo como presente e como futuro, querémolo porque nos fai ser o que somos, querémolo, como di a rapaza no vídeo, “porque si, porque me gosta, porque me peta, porque me sae de dentro, de aquí do fondo... porque teño esperanza!”.