A publicación de libros en galego aumentou un 43% nos últimos cinco anos mentres baixou a cifra de obras editadas en castelán, catalán ou euskera, segundo os datos do Ministerio de Cultura, que revelan ademais que, entre 2019 a 2020, só notouse un incremento nas publicacións en lingua galega (de 1.254 a 1.743) e euskera. Aínda que o libro infantil segue a liderar as vendas de obras en galego, librarías da Coruña recoñecen que xa hai un maior “equilibrio” entre esas obras e as de maiores e que grazas ó confinamento e a tradución de éxitos como Infinito nun xunco cada vez hai mais adultos que se animan a ler na lingua propia.

“A raíz do confinamento polo COVID véndese moita mais novela e ensaio para adultos en galego, a xente ten mais tempo para ler e no noso caso demandan libros de historia ou memoria histórica”, sinala Ermitas Valencia, desde a libraría Suevia, quen apunta tamén ás editoriais que traducen ó galego obras moi vendidas noutro idioma. “Véndese moi ven O infinito nun xunco porque hai xente que o quere ter en galego”, engade. “O libro infantil en galego é aínda o que mais se vende porque a xente ven buscando algo para un pequeno e o preguntarlle polo idioma din que lle da igual, algo que non sempre pasa cando é para adultos. Aínda así tras o confinamento notamos que se lee mais tanto en galego como en castelán e hai traducións de certas obras moi vendidas que fan que haxa quen se achegue a literatura en galego de este modo”, sostén Esther Gómez desde Moito Conto. “Creo que agora hai un maior equilibrio entre á venda de libros infantís e de adultos en galego”, di Raquel Alonso de Cascanueces.

Pese a que desde Berbiriana, Alejandra de Diego bota en falta “mais traducións ó galego de clásicos ou certas novidades”, resalta que ás veces ocorre ó reves, obras de autores galegos que tras triunfar na lingua propia dan o salto ó castelán mediante as traducións que fan algunhas editoriais. É o caso, asegura, de tres dos libros en galego mais vendidos nos últimos meses neste establecemento coruñés. “Felicidade de Olga Novo, Carrusel de Berta Dávila ou Seique de Susana Sánchez Aríns, todos de mulleres novas e que do galego se traduciron ó castelan”, explica De Diego.

Os libros en galego mais vendidos do momento, varían en función da libraría consultada, pero todas coinciden en que co Día das Letras Galegas non ocorre como no Día do Libro, non hai mais vendas de obras en galego, pero sí das que teñen que ver co escritor homenaxeado. Neste caso, algunas recoñecen que a figura de Xela Arias tivo moito mais tirón que outras de anos pasados. “É unha persoaxe destacada, moi diferente e penso que chegou a mais xente, incluso moitos nenos veñen preguntando por ela”, indican en Berbiriana, onde esgotaron De certo a vida ía en serio, obra de Chan dá Polvora que reconstrue obra e persoa da autora con “textos dela, entrevistas ou conferencias” e Xela quiso ser ela, a biografía para rapaces que escribiu a poetisa Yolanda Castaño. Noutros casos, como en Suevia, aseguran que tiveron máis público interesado polas obras do anterior homenaxeado, Carballo Calero, ó ter libros en portugués. Aínda así, lamentan “o pouco tempo que se adicou este ano a Xela ó elixir o homenaxeado en outono e non en primavera como en anos anteriores”.

¿E qué libros en galego teñen agora mais tirón? En Berbiriana o mais vendido o ano pasado foi Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga a agora ten moita saída unha novidade, Coidadora de María Marco. En Moito Conto mais aló das adicadas a Xela destacan Illa decepción de Berta Dávila e Sibila de Rosa Aneiros mentres en Cascanueces entre os mais vendidos está a biografía ilustrada de Emilia Pardo Bazán de María Canosa, Unha mente poderosa; o libro ilustrado e de toques ecoloxistas Nación mar do mariñeiro Xosé Iglesias ou o libro de relatos Historias De Mentes de Arantza Portabales. E no caso de Suevia destacan a novela A carteira de Santiago Lopo, “que fala da precariedade laboral nunha cidade e na que moita xente vese reflexado” e a tradución ó galego do ensaio Infinito nun xunco.

Alejandra de Diego con varios libros. Víctor Echave

LIbraría Berbiriana: A última novela de Arantza Portabales e obras sobre Xela

Á hora de recomendar un libro en galego, Alejandra de Diego tira de novidade e anima a ler A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales. “É un libro independente de Beleza vermella, é outro caso pero son os mesmos investigadores. É unha obra que busca entreter e o consegue”, indica para tamén instar a ler De certo a vida ía en serio, “o mellor libro dos que sacaron sobre a autora e no que se reconstrúe a súa obra e persoa a través de textos, entrevistas ou conferencias súas”.

Ermitas Valencia con varios libros. Víctor Echave

LIbraría Suevia: ‘A carteira’, de Santiago Lopo, e ‘Infinito dun xunco’

Ermitas Valencia, de libraría Suevia, aboga por varios dos libros que agora mesmo son tamén os mais vendidos. “A carteira é unha novela que gusta moito, fala da precariedade laboral nun entorno urbán e moitas persoas identifícanse”, indica para asegurar que tamén a versión en galego de Infinito nun xunco está entre os máis demandados. E para nenos aconsella Xa non son malo, “un libro ilustrado precioso protagonizado por unha persoaxe que soe estar condeada e que incide na importancia do coidado do planeta”.

 

Esther Gómez amosa obras sobre Arias. V.Echave

Libraría Moito Conto: As novidades de Berta Dávila ou Rosa Aneiros

Esther Gómez cree que o Día das Letras forza a recomendar obras vinculadas a Xela Arias. Neste caso destaca tanto a Poesía completa desta autora coma De certo a vida ía en serio ou a biografía da escritora para nenos da coruñesa Yolanda Castaño, Xela quiso ser ela. E no resto de obras en lingua galega, desde Moito Conto animan a ler as obras de dúas autoras “que nos gustan moito”. En concreto, trátase de Illa decepción de Berta Dávila e Sibila de Rosa Aneiros.


Raquel Alonso con varios libros. V. Echave

LIbraría Cascanueces: Unha biografía de Pardo Bazán e un libro ilustrado

Desde a libraría Cascanueces, Raquel Alonso insta a achegarse a biografía ilustrada que María Canosa fai de Emilia Pardo Bazón baixo o título Unha mente poderosa “xa que é o centenario” e tamén recomenda Nación Mar.

“Os textos e as ilustracións son dun mariñeiro e é unha obra que chama a atención sobre a situación do ecosistema e a situación dos nosos mares”, indica esta libreira quen tamén destaca o l ibro de relato Historias De Mentes de Arantza Portabales.