O escritor e profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo (UVigo) Gonzalo Navaza convertirase en breve en académico de número da Real Academia Galega (RAG). O pleno desta entidade acordou que Navaza (Lalín, 1957) ocupe a vacante do finado historiador Xosé Ramón Barreiro.

Autor de libros como Erros e Tánatos (Premio San Clemente de Narrativa); Fábrica íntima —Premio da Crítica Española de poesía—; ou Libra, Premio Martín Codax, Gonzalo Navaza tamén destaca polo seu traballo como investigador en onomástica.

Nos anos 80, realizou a recollida de campo e a corrección da toponimia dos mapas do Instituto Xeográfico Nacional para as provincias de Ourense e Pontevedra.

Publicou Fitotoponimia galega. Nel recollen preto de 8.000 nomes de lugar que se corresponden con 150 especies botánicas distintas e que foi galardoado co Premio de Investigación Losada Diéguez. Ademais, colabora no proxecto Dicionanrio de apelidos galegos.

No seu currículo, destaca tamén como tradutor de clásicos como A chamada da selva, de Jack London; Sherlock Holmes de Conan Doyle; ou Robinson Crusoe, de Defoe.

Por último, hai que sinalar que o pleno da RAG tamén decidiu nomear membros correspondentes a xurista Celia Pereira Porto e o crítico literario Ramón Nicolás, profesor no IES Castelao de Vigo. A primeira é doutora en Dereito e desenvolve un labor destacado en distintos campos dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas”, destacan desde a RAG.