Chus Pato: “Os poemas de Xela Arias foron sempre dialéctica en repouso”

A crítica María Xesús Nogueira e a poeta Alba Cid ofreceron tamén novas olladas aos versos da protagonista das Letras Galegas no Simposio Xela Arias

Participantes na segunda xornada do ‘Simposio Xela Arias’, onte, na sede da RAG.  | // CARLOS PARDELLAS

Participantes na segunda xornada do ‘Simposio Xela Arias’, onte, na sede da RAG. | // CARLOS PARDELLAS / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A Coruña

A segunda xornada do Simposio Xela Arias profundizou onte na voz poética da protagonista das Letras Galegas 2021 da man de dúas poetas de distintas xeracións, a académica Chus Pato e Alba Cid, e da crítica literaria María Xesús Nogueira, nunha mesa moderada pola escritora e tradutora Mercedes Leobalde. O serán, que arrincou cunha lembranza de Darío Xohán Cabana, falecido o mércores, rematará coa actuación da Banda da Loba, que no seu último disco, Hasme oír, converteu en cancións poemas da homenaxeada.

Sobre a visibilidade da obra da homenaxeada reflexionou Chus Pato, quen apuntou que a de Xela Arias foi unha obra “escasamente lida” nos anos nos que se publicou. “Hai obras que tardan en acadar a lexibilidade e este parece ser o destino dos libros da nosa autora. Os seus poemas foron sempre dialéctica en repouso, pero é agora cando ao achegarnos a eles comprendemos a marca do cognoscible”, afondou.

Tracking Pixel Contents