Cando no ano 2017, a escritora e académica Xohana Torres (1929-2017) andaba a preparar un novo poemario, pensado como un conxunto de doce composicións, unha por cada mes do ano, a autora pechou os ollos a este mundo para entrar na lenda das letras galegas. A obra, polo tanto, quedou inconclusa (seis poemas nada máis) inda que agora ve a luz. Este inédito, que leva o título de Últimas tardes con Xohana, será presentado hoxe —nun acto que se retransmitirá en streaming por www.academia.gal—na Real Academia Galega (RAG). Participarán no acto o presidente da entidade, Víctor Freixanes; a académica Marilar Aleixandre; e a deputada da Deputación de A Coruña María Muíño.

Xa no ano 2018, a Real Academia Galega dedicáralle a Xohana Torres o Día Mundial da Poesía coa publicación de “Natureza de illa” como homenaxe. Agora Últimas tardes con Xohana pecha o ciclo poético da autora que comezara no 1957 con Do sulco.