O coordinador do Seminario de Sociolingüística e vicesecretario da Real Academia Galega (RAG) presentou onte o seu libro O idioma galego baixo o franquismo (Galaxia) que fala da persecución que sufriu o galego durante o réxime ditatorial. “Este libro é unha crónica necesaria dos esforzos da sociedade galega, mesmo que fosen algunhas minorías, para a recuperación da dignidade do idioma en tempos moi adversos”, explicou o presidente da RAG; Víctor F. Freixanes, quen acompañou a Monteagudo xunto á secretaria da Academia, Margarita Ledo Andión, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro.