La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

Santiago de Compostela, ano 2094: soñan os galegos con pelegríns eléctricos?

O espectáculo futurista ‘Inventio’ tomará os escenarios no vindeiro outono

Ilusionismo, comedia, fantasía, danza en ‘Inventio’. | // VANESSA RÁBADE

A historia parte do último ano Xacobeo do século XXI. Galicia, 2094: unha troupe de ilusionistas atópase con que xa non existe o Camiño de Santiago. Con esa premisa tan de Philip K. Dick estrearase no vindeiro outono o espectáculo audiovisual Inventio. Ofrecerá ilusionismo, levitación, música tradicional con sons electrónicos, e animación.

Destinado ao público familiar, suma comedia, drama, danza e circo “con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve, unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir”. Baixo a dirección creativa do mago Martín Varela, a inciativa é da promotora galega Thinking Up Events, Xunta de Galicia e Fundación la Caixa, co apoio de Sargadelos. As entradas estarán dispoñibles desde o 6 de abril, para todas as cidades galegas.

Compartir el artículo

stats