Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Carballo Interplay finaliza este sábado volcado co activismo nas redes sociais

Venres co ‘Tardeo’ de Primavera Sound, e remate con feminismo e dereitos Lgtbi

Charla con Esther Estévez do ‘#DígochoEu’ no Interplay.   | // LEO LÓPEZ

Charla con Esther Estévez do ‘#DígochoEu’ no Interplay. | // LEO LÓPEZ / Redacción

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

a coruña

O Carballo Interplay, o festival galego máis internacional en contidos web, culmina este sábado cunha xornada que xunta aos internautas máis coñecidos “en termos de activismo, feminismo e dereitos Lgtbi”. Despois dun venres coa estrea da serie Pringadas de Belén Puime ou a gravación do Tardeo de Primavera Sound, este sábado adicarase “a como combatir os aspectos menos positivos” da rede.

Unha das citas máis agardadas é coa filósofa, columnista e escritora Elizabeth Duval. Abrirá as portas do seu Código Fonte Audiovisual a través dos vídeos que marcaron a súa identidade en Cartas a las chicas del 2000, cun contido creado a propósito para este Interplay.

Pola súa banda, Manuel Bartual impartirá un taller sobre elaboración de guións de podcast como creador dos formatos Biotopía e Santuario.

Tracking Pixel Contents