This is BBC Radio for Galicia
Cúmprense 75 anos da primeira emisión en galego desde o exilio

Plácido Castro, un dos máis destacados da BBC galega. | // BBC
Galicia, 14 de abril de 1947. A liberdade agóchase no corazón das familias que tentan sintonizar Radio Pirenaica. Cando de súpeto, as gaitas entran nas casas a través de Cock of the North: marcha escocesa coa que se daban por inauguradas as emisións da BBC para os galegos. Aquela sorpresa nas ondas duraría case dez anos, ata a súa clausura en 1956. E durante ese tempo, enganchou de tal modo que as emisións eran seguidas desde os tellados como nubes brancas dentro da ditadura. “Co programa desta noite damos comezo ás nosas transmisións en lingua galega”, arrancaba o xornalista ourensán Alexandre Raimúndez baixo o pseudónimo de Javier Fernández. Desde o Londres dos exiliados ata as fragas galegas onde se agochaban os maquis, a liberdade trazaba así unha liña de alta tensión.
A memoria do Galician Programme da BBC de Londres recopílase no volume coordinado por Afonso V. Monxardín. Baixo o nome precisamente de 75 aniversario do Galician Programme, recorda que “a primeira vez que o noso idioma contou cunha programación regular de radio foi da man da emisora máis importante do mundo, a BBC”. A auténtica radio galega naceu así en Londres, xa que os tímidos inicios no noso territorio na década dos 30 quedaron desbancados pola Guerra Civil e a posterior ditadura.
Ademáis de Alexandre Raimúndez, ante os micrófonos do Támesis falarían o eterno Plácido Castro, Fernández del Riego, Otero Pedrayo, Pura Vázquez, Carvalho Calero ou Ánxel Fole. O nacemento chegou amparado polo Foreign Office, para emitir en galego, catalán e vasco sobre unha España illada polo franquismo. Tan vital resultaba a radio para a información que o Foreing pagaba esta programación como estratexia de defensa... e os galegos chamaban partes aos boletíns pola pegada dos tristemente famosos “partes de guerra”.
Ao aire saltarían 83 programas con 111 colaboracións desde a base da Bush House, sempre coas despedidas do Alalá de Bande ou a Muiñeira de Cartelle. Pero o soño chegou ao seu fin en 1956. Un ano antes España entrara na ONU, Londres xa fixara outros inimigos e o xeo caía sobre a Guerra Fría. Alexandre Raimúndez seguiría na BBC ata a súa xubilación. Sempre no exilio.
Suscríbete para seguir leyendo
- La grave enfermedad que pasa desapercibida y crece cada vez más: 'Me decían que no tenía nada y llegué a pensar que era cáncer
- Reencuentro romántico en Pasapalabra: 'Fuimos novios
- Detenido por matar a su pareja a puñaladas en la Sagrada Familia
- Amaia y Diego, el brillo de un ángel y un indie loco en O Son do Camiño
- Roberto Leal confirma la noticia sobre Manu y Rosa de Pasapalabra: 'Están felices
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa
- Dr. Víctor Bravo, endocrino: 'Comer menos y andar más no es la mejor solución para perder peso