Os Premios Follas Novas do Libro Galego galardoaron aos escritores Diego Ameixeiras, na categoría de narrativa, pola súa obra O cervo e a sombra; a Manuel Rivas, en poesía, por O que fica fóra; a Yolanda Castaño, pola súa iniciativa Poetas Di( n)verso e a David Pintor, polo seu libro ilustrado A Coruña.

Ademais, nunha gala celebrada este sábado no Teatro Principal de Santiago, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entregou premios honoríficos ao escritor Xesús Alonso Montero, a libreira Mercedes Corbillón, e a escritora portuguesa Ana Luísa Amaral.

O presidente das escritoras e escritores galegos, Césareo Sánchez, recoñeceu que o sistema literario galego ten “unha saúde fráxil” e sinalou que “necesita que se poña en marcha o plan lector e que as administracións teñan empatía co sector”.

Estes premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, Cedro (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia.