Kiosco

La Opinión de A Coruña

Os vinte galegos errantes do exilio

O Consello da Cultura amplía a súa colección ‘online’ de ‘Historias de ida e volta’ cun capítulo especial adicado á literatura galega da posguerra en América

Nostálxica estampa de Eduardo Blanco-Amor, que editou en Bos Aires 'A Esmorga' La Opinión

Desde a nostalxia do branco e negro, ollan ao horizonte aqueles galegos que tiveron que exiliarse en América. A súa mirada cruza o Atlántico ata os lugares onde naceron e dos que tiveron que escapar: Rianxo, Córgomo, A Coruña. No seu especial online das Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán, Historias de ida e volta, o Consello da Cultura Galega adica unha entrega á literatura galega da posguerra en América. Vinte libros forxados a lume no exilio tras fuxir da represión fascista, ou xa na emigración antes da Guerra Civil.

Mariví Villaverde co seu marido Ramón de Valenzuela. | // LA OPINIÓN patricia hermida

1.Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. No Teatro Mayo de Bos Aires estrea Os vellos non deben de namorarse en 1941. Acabaría dirixindo a obra e ata pintou as caretas a man.

Castelao pintando as caretas para a súa obra FOTO E. GONZALEZ /MUSEO DE PONTEVEDRA

2. Manoel D.Varela Buxán. Humor anticaciquil recopilado en A xustiza do mariñeiro e Se o sei... non volvo. Voltou a Galicia en 1950.

Rafael Dieste, sentado ao piano. | // LA OPINION

3. Ramón Rey Baltar. Axudou ao Frente Popular con A gaita a falare (1939), ilustrado por Castelao.

4. Emilio Pita. Amosa a tráxica Guerra Civil en Jacobusland (1942).

5. Florencio Delgado Gurriarán. Cancioneiro da loita galega (1943) para os mortos da Guerra Civil.

6. Luís Seoane. A epopea da emigración e o exilio en Fardel de eisilado (1952).

7. Lorenzo Varela. Combate no bando republicano: Lonxe (1954).

8. Ernesto Guerra da Cal. Poemario Lúa de Alén Mar (1939-1958).

9. Antón Zapata García. Publícase A roseira da soidade en 1954, un ano despois de morrer.

10. Celso Emilio Ferreiro. Viaxe ao país dos ananos (1968): a emigración como “país en marcha”.

11. Lois Tobío, Plácido Castro e Delgado Gurriarán. Poesía (1949).

12. Alejandro Finisterre. Compostela. Revista de Galicia.

13. Eduardo Blanco-Amor. En Bos Aires lanza A Esmorga (1959): a gran novela social da posguerra.

14. Rafael Dieste. Historias e invenciones de Félix Muriel (1943).

15. Silvia Mistral. Éxodo (1940), dos primeiros diarios do exilio.

16. Xosé Neira Vilas. Memorias dun neno labrego (1961). “Eu son Balbino...”

17. Antón Alonso Ríos. Da saudade, Amore, corte e misticismo (1956).

18. Mariví Villaverde. Ou Victoria de Valenzuela con Tres tiempos y la esperanza (1962).

19. Ramón de Valenzuela. Casado con Mariví Villaverde e autor de Non agardei por ninguén (1957): primeira novela galega da Guerra Civil.

20. Silvio Santiago. Vilardevós (1961). Ou o paraíso da infancia.

Bos Aires como principal centro editorial

Neste capítulo dentro do especial Historias de ida e volta, o Consello da Cultura Galega conta como “Bos Aires converteuse no principal centro da actividade editorial en galego, e os escritores e poetas galegos alí asentados difundiron as súas ideas de loita a prol da defensa dos ideais republicanos e galeguistas”. Como un dos grandes referentes atópase Luís Seoane, que traballaría en revistas como Galicia Emigrante e colaboraría con outros exiliados como Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, ou Antón Alonso Ríos. Ademáis, tería o apoio da colectividade emigrada: Ramón Rey Baltar, Eduardo Blanco-Amor ou Emilio Pita.

Sobre todos eles destacaría a influencia de Castelao, que portou o facho do galeguismo despois da guerra. Máis alá de Bos Aires, estarían México con Florencio Delgado Gurriarán ou Ramón Cabanillas; Montevideo con Lois Tobío ou Eduardo Dieste; Caracas con Celso Emilio Ferreiro; La Habana con Fuco Gómez, e EEUU con Ernesto Guerra da Cal.


Compartir el artículo

stats