O gañador do XXVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais é David Rodríguez Rodríguez, ensaísta, poeta e deseñador gráfico vigués pola obra titulada Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao. O xurado elixiuno por ser un ensaio que desenvolve o divorcio entre o nacionalismo e o republicanismo en Castelao, non como algo pasado senón presente. Percibirá un premio que consiste na publicación da obra e 6.000euros. O xurado destacou a alta calidade das obras presentadas, procedentes de Galicia e Portugal. Concedeu a Xulio Sa Rego, veciño de Bragança, o accésit, con dereito á publicación: O criado do pastor. Liçoes de serras invisíveis do Norte de Portugal em tempos de fogos do Antropoceno pola súa actualidade, utilidade e calidade da escrita.