A Fundación Repsol e a Consellería de Cultura convocan a XVI edición do Premio Narrativa Breve en lingua galega, que ten unha dotación de 12.000 euros e a publicación da obra coa Editorial Galaxia. Segundo os organizadores, trátase dun “certame literario xa consolidado e de referencia nas letras galegas”.

A presentación en Santiago contou co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a xerente da Área Institucional de Fundación Repsol, Mercedes Gómez Badiola; o director xeral de Galaxia, Francisco Castro; e o subdirector de Organización da refinería na Coruña, Jacobo Aguado.

As obras poderán enviarse ata o 31 de xullo. Os textos deberán ser orixinais en galego, cun mínimo de 50 folios e máximo de 120.