A gran semana celta do Festival de Ortigueira
O certame celebra a súa cita máis longa, pola que aínda pasarán Susana Seivane, Luar na Lubre e Baiuca

Actuación de Tanxugueiras na primeira noite do Festival de Ortigueira, este domingo. | // KIKO DELGADO / EFE / Kiko Delgado / Efe
p. hermida
Co eterno horizonte do mar de Morouzos, o Festival de Ortigueira sempre foi un oasis de folk, baile e cultura no medio do verán galego. E esta edición ofrecerá a maior duración, cunha semana desde o pasado domingo ata o vindeiro día 17. A xornada inaugural no escenario Estrella Galicia xa contou cos frenéticos concertos de Fransy, Davide & Cibrán e as Tanxugueiras. E precisamente unha das compoñentes do triunfador trío feminino, Aida Tarrío, interviu por sorpresa no pregón animando a gozar do festival.
Por diante aínda quedan seis xornadas con máis actuacións e outras actividades culturais, con artistas como Susana Seivane, Fred Morrison, Luar na Lubre e Baiuca. Despois dun luns con Os da Porfía e Fiandola, este martes participarán parte dos finalistas do concurso Runas: JDC, Batea e Folk on Crest. E este mércores, actuarán máis finalistas: Germán Ruiz, Trikitrí e Groovy Celtic Band.A competición finaliza este xoves con Faíscas da Pontraga, Deira e Holiday Club. Xa desde a medianoite chegarán Covagueira e Talisk.
Na noite do venres, polo Festival de Ortigueira pasarán Johnstone Pipe Band, Caamaño&Ameixeiras, a Escola de Gaitas de Ortigueira, Susana Seivane e Red Hot Chilli Pipers. O sábado tarde/noite será para Fred Morrison, Johnstone Pipe Band, Bagad de Vannes Melinerion, Xosé Lois Romero&Aliboria, Digresk, Wolfstone e Baiuca. E o domingo chegarán Os D’abaixo, Luar na Lubre e Dequenvessendo.
Na inauguración, o alcalde Juan Penabad destacou os esforzos de dous anos sen festival e agradeceu tanto aos veciños como aos medios sanitarios o traballo destes últimos meses. E incidiu que este regreso chegou así con dobre celebración, e “a maior duración da historia, un total de oito días”.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cervecería de A Coruña que lleva diez años yendo a contracorriente: 'No daban un duro por nosotros
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- El Deportivo abre la puerta a Teun Gijselhart: salida de última hora
- Adif mantiene la fecha del fin de obra de la terminal de tren de la intermodal de A Coruña para este año, pese a las nuevas deficiencias detectadas
- El santuario de los percebes de A Coruña, junto a la Torre, esquilmado por los furtivos: 'Compromete a Navidade
- Gijselhart, horas contadas para su salida del Deportivo a Europa, con Emiratos Árabes en el horizonte
- Alerta de la Fiscalía General del Estado: denuncia que los narcopisos proliferan en A Coruña y se cierra más uno al mes
- O Burgo se rinde a las hamburguesas y al ‘cheesecake’ con dos festivales simultáneos