La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

Leo Bassi aproveitará o FIOT de Carballo para estrear en Galicia a obra do seu 70 aniversario

O irreverente ‘clown’ italiano fará balance das súas máis de seis décadas de traxectoria EUn mes de teatro, desde o 30 de setembro ata o 31 de outubro

Leo Bassi estreará en Galicia a obra do seu 70 aniversario . | // LEO BASSI

Co nome de 70 anos: Leo Bassi, o enfant terrible dos clowns italianos (aínda que sexa septuaxenario) trae por primeira vez a Galicia esta obra-aniversario. Participará de novo no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o famoso FIOT, onde xa debutara no seu día en terras galegas “nunha actuación histórica para a localidade” (segundo a organización). Do 30 de setembro ao 31 de outubro, o FIOT tamén contará coa estrea absoluta da nova creación de Mofa e Befa. O dúo formado por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo xusto acaba de lograr o premio Xograr de Outono.

O resto da programación desa 31 edición presentarase a vindeira semana no Pazo da Cultura do municipio bergantiñán.Os 70 anos de Leo Bassi celebraranse o 16 de outubro, “cunha peza na que o irreverente clown italiano fai balance da súa traxectoria de máis de 60 anos sobre as táboas á vez que esixe que se respecte tanto a súa vellez como os anos de experiencias acumuladas”. Segundo a organización, “Leo Bassi, bufón e axitador de emocións, reinvindica a risa como a raíz existencial do seu desexo de provocar”. Xusto hai 25 anos, “cando aínda era un gran descoñecido para a meirande parte do público”, o festival convidouno á primeira actuación en Galicia e el acabaría sacando ao público á rúa.

A estrea de Mofa e Befa será o 7 de outubro con Pirolíticos, obra coproducida por FIOT e que chega no 30 aniversario da compañía coa dirección de Clara Gayo. Calvo e Mosqueira reflexinarán sobre “o impacto do patriarcado nos propios homes, poñendo o foco dos que simpatizan coa teoría feminista”. O día 8 haberá unha segunda función.

Compartir el artículo

stats