Para celebrar o Día Internacional da Muller Rural, o presidente da Deputación da Coruña participou este sábado nun acto organizado en Santiago por este concello e Fademur Galicia. Alí o presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, destacou que “o futuro do rural en Galicia ten nome de muller, “. Recalcou que “pese ao abandono e o recorte de servizos por parte da Xunta, catro de cada cinco proxectos emprendedores que se crean na Galicia rural son impulsados por mulleres”.

O acto serviu ademáis para recoñecer a traxectoria da xornalista Aida Pena (Cadena Ser), María Paz Filgueira Paz como unha das primeiras Maxistradas do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, Pementeiras de Padrón, e María Isabel Liñares como membro de Unións Agrarias.