La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

O 70% dos integrantes das agrupacións corais xa teñen máis de 60 anos

Na súa maioría son mulleres con formación autodidacta, dirixidas por titulados

Ensaio de corais no Palacio da Ópera. | // CASTELEIRO /ROLLER AGENCIA

Por primeira vez, o Consello da Cultura Galega presenta un estudo sobre a situación das corais. O 70% dos seus integrantes teñen máis de 60 anos, e na súa maioría son mulleres cunha formación autodidacta (aínda que dirixidas por profesionais titulados).

As cifras en Galicia son as seguintes: 266 corais con 6.100 membros. Segundo este informe As corais en Galicia, (“o primeiro estudo sobre esta realidade” segundo o Consello da Cultura), o movemento coral xorde aquí a finais do século XIX “coincidindo co apoxeo das sociedades de recreo”.

Das que continúan en pé, só o 18 % foron fundadas antes de 1980. Explica o CCG que “a principios dos noventa houbo un movemento forte de creación e o 27 % das que están activas hoxe en día naceron despois do 2000”.

Compartir el artículo

stats