Nunha ruta guiada por Carmela Galego, A Coruña amosou de novo onte que é unha cidade da literatura a tráves de paradas nalgúns dos seus puntos máis poéticos. O traxecto da Coruña Literaria iniciouse en torno a Rosalía de Castro, ante o teatro que leva o seu nome e recordando os primeiros xogos florais de Galicia (1860) con Pilar García Negro. Outros puntos foron a Biblioteca Provincial con Susana Guitar, a casa natal de Emilia Pardo Bazán con Patricia Carballal, a Libraría Rexional con Xosé Luís Axeitos, ou a figura de Antón Vilar Ponte na rúa Rego da Auga con Ricardo Axeitos Valiño.