La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

Quintana Martelo presidente de novo da Real Academia de Belas Artes

O pleno tamén elixiu a novos académicos correspondentes

Quintana Martelo | // XURXO LOBATO

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou onte unha sesión extraordinaria coa reelección como presidente da corporación de Manuel Quintana Martelo Roxos (Santiago de Compostela, 1946).

Anteriormente, na sesión ordinaria o pleno elixiu como novos académicos correspondentes ao arqueólogo Santiago Ferrer Sierra (Ourense, 1959); ou o investigador Juan Raúl López Naya (A Coruña, 1954), que traballou na RAGBA ata a súa xubilación en 2019. Este último foi proposto pola súa dedicación e participación activa na Academia durante máis de 20 anos e por ser un gran coñecedor da historia da Coruña e moi implicado na súa divulgación.

Tamén foron elixidos académicos correspondentes o historiador de cine, catedrático de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director do Centro de Estudos Fílmicos da USC, José Luis Castro de Paz (A Coruña, 1964); e o compositor Xavier de Paz López Nóvoa (A Coruña, 1963).

Compartir el artículo

stats