Kiosco La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

A Real Academia Galega avanza nas Letras Galegas do 2023 coa vila natal de Del Riego

Recibe á Mesa Coordinadora Don Paco, creada no concello de Lourenzá | Coinciden na defensa dunha das figuras centrais do galeguismo progresista e do exilio interior

A Mesa Coordinadora Don Paco recibida por Freixanes, segundo á dereita. | // REAL ACADEMIA GALEGA

Xusto no 2023 celebrarase o sesenta aniversario do primeiro Día das Letras Galegas. E a efeméride coincide co recoñecemento a Francisco Fernández del Riego: “Unha das figuras centrais do galeguismo progresista e clave da resistencia no exilio interior durante o franquismo, cunha traxectoria polifacética e prolífica que abrangueu dende a política, a creación e crítica literaria á edición”. Así o indica a Real Academia Galega, organizadora das Letras Galegas, e que o venres recibiu á Mesa Coordinadora Don Paco (impulsada desde Lourenzá como vila natal do intelectual).

Esa Mesa creouse para canalizar as actividades en torno a Fernández del Riego desde este concello. E así foi trasladado pola alcaldesa Rocío López, o concelleiro de Cultura Manuel Arango Ron, o biógrafo Manuel Román Ramos, e Isabel Vilalba (Asociación Patrimonio Laurentino) ante o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

Precisamente, Del Riego chegou a ser presidente da Real Academia polo que a colaboración da institución coa Mesa Coordinadora fortalecerase para difundir a súa figura. Xa o vindeiro 7 de xaneiro, a RAG visitará Lourenzá para participar na apertura do Ano Francisco Fernández del Riego organizada dende o seu concello.

O pleno da RAG decidiu o pasado xullo dedicarlle o 17 de maio de 2023 a Francisco Fernández del Riego coincidindo cos 110 anos do seu nacemento.

Compartir el artículo

stats