Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Marcos Lorenzo Economista, antropólogo, escritor e autor de ‘ENSER’

“Galicia é un país gatopardiano: non funciona o mérito senón o enchufe”

“O meu libro ten mala baba porque sinto antipatía pola ditadura do sorriso perpetuo’

O escritor Marcos Lorenzo.   | // LA OPINIÓN

O escritor Marcos Lorenzo. | // LA OPINIÓN / patricia hermida

A Coruña

Coa tristura de cada un podemos escribir marabillas. Dende os infernos de Cesare Pavese con Verrá la morte e avrá i tuoi occhi, que levan ó afundimento. Ata as guitarras de Heaven knows I’m miserable now, coas que The Smiths abrazan a todos os parias da terra. Entre a dor e a ironía camiña o último libro de Marcos Lorenzo: un ENSER (Galaxia) que funciona como electrocardiograma do corazón galego. Unha víscera gatopardiana, gregueresca, chea de opostos que se atraen.

ENSER xa se inicia cunha confesión: a crise persoal e económica que vostede sufriu a partir do ano 2012.

Foi unha época dura na miña vida por motivos persoais e familiares. Viña dunha situación económica moi difícil como boa parte do sector cultural, por culpa da crise. Moita xente tivo que pasarse a outros traballos lonxe dese mundo, como na hostalería. Cortouse o grifo dos cartos públicos de forma drástica para a cultura, cun recorte autonómico do investimento do 60% entre 2008 e 2014. Coincidiu ademáis coa caída das caixas de aforros e cunha menor inversión dos gobernos locais. Significou unha especie de competición á baixa nos prezos. Ese estado de ánimo afectou a todo e tamén á miña forma de ver o mundo, que se traslada a este libro que chega cun ton seco, duro, sen artificios. É un libro matemático, onde aplico o marxismo primitivo ás relacións persoais.

Atopamos unha serie de reflexións, que camiñan entre as Greguerías de Gómez de la Serna e a sinceridade de Gil de Biedma. Como definiría esta técnica?

Liquidación de existencias, o primeiro libro que publiquei, tiña o mesmo formato cunha fórmula ampla de aforismos. Hoxe xa non sei como definilos. Son textos breves. Na presentación dixemos que Sánchez Ferlosio lles chamaba precios, e o poeta Karlotti chámalles crebas. Eu no meu primeiro libro chamáballes virutas, non sei se porque o meu pai era carpinteiro. Son reflexións que poden adquirir valor, ás veces descartes e outras anotacións dos meus cadernos. Observacións da vida cotiá, do que sucede nos medios ou na política. Son sistemático tomando notas, coas que despois fago un puzzle cun fío conductor (como na música ou nas pezas audiovisuais).

Temos aquí o máis lonxano dun libro de autoaxuda. Vostede declárase en contra de toda épica do emprendemento.

O meu libro ten mala baba porque sinto antipatía pola ditadura do sorriso perpetuo, polo imaxinario actual da felicidade. É un libro punkie. Pero xa no anterior Dous escritos sobre a felicidade (Embora) facía unha autopsia dese imaxinario. Posiciónome contra a ditadura de estar ben en todo momento, porque iso só conduce á neurose. Se na túa vida o obxectivo é a plenitude, iso só será garantía de frustración.

Vostede traballa no mundo cultural galego (técnico cultural no concello de Ferrol). Vemos reflectido neste ENSER certa relación de amor-odio co sector?

Tras moitos anos traballando neste eido, é inevitable identificar erros, miserias, hipocresías, cousas que deben mellorar. Eu non o oculto, publico sobre as políticas culturais que se fan. No mundo da cultura hai pantasmas agochadas, pero tamén é un traballo maravilloso con cousas puras e deslumbrantes, intelixencias e sensibilidades. Con luces e sombras.

Debuxa unha Galicia onde impera o enchufismo.

Como son fillo de ninguén non son beneficiario do inmenso mundo do enchufe que existe en Galicia. Galicia é un país gatopardiano, no que a acción política consiste no mantemento do estatus quo: non funciona o mérito senón o enchufe. Impera o mantemento dos privilexios para determinados grupos de interese. Na miña aldea, os meus primos sabían quenes eran os señoritos. Mesmo cando eu chegaba da Coruña me marcaban distancias como a un señorito, ata que me metía na lama. Pero na Coruña tíñamos moi claro quenes eran os pijos e quenes eramos nós: eramos os excluídos, os mirados por enriba do ombreiro polos do centro. Os pijos encargánbanse de recordalo constantemente. Sempre agroma a conciencia e o resentimento de clase. Todos queremos unha remuneración digna e tempo libre, pero aquí non funciona o mérito senón o enchufe.

“Tras a baixada aos infernos teño maior conciencia de clase, son dunha familia de emigrados nos Mallos”

En certo momento vostede escribe: “Creo que as clases precarias debemos pasar a falar de nós”. Pero vostede agora segue pertencendo á clase precaria?

Eu síntome totalmente identificado con iso. Podo pasar unha tempada cun pé na precariedade e outra fóra, pero é intermitente. Sei de onde veñen os meus país. Tras a baixada aos infernos teño maior conciencia de clase, son dunha familia de Agolada que emigrou aos Mallos e despois a Elviña. E cando as cousas veñen mal dadas, volves ao rego. As escasas oportunidades laborais recaen nas mans dos que non son da miña clase social.

A súa escritura transita pola dor, e por cuestión tan persoais como o seu Meigallo.

Eu xa utilizaba a expresión do Meigallo no meu primeiro libro Liquidación de existencias. Emprego metáforas bastante persoais e cifradas, que teñen que ver coa autoanálise psicolóxica (coas miñas neuroses e traumas). Busco esa expresión que serve de forma simbólica para autoexplicarme. Son partes máis abstractas. Pero resúltame máis complicado falar do Meigallo nunha conversa ou nesta entrevista que explicalo na propia prosa de ENSER.

Entre os seus textos tamén se rescatan versos de poetas totais como o caso de Karlotti. Poeta total no sentido dun Carlos Oroza, no que toda a súa vida era poesía.

Que pensas ti de Karlotty?

Karlotti non é precisamente un funcionario que escriba sobre poesía, adica toda a súa vida á lírica. A súa vida é un poema.

Así é, por iso escribín unha historia de vida sobre Karlotti (Karlotti, un poema crónico no 2013). É unha personaxe que me chama a atención e por iso adiqueille un libriño, porque el é singularísimo. A maiores, acontece o seguinte. As vidas que parecen máis libertarias como a de Karlotti desencadenan un interrogante cara a un mesmo: hai que ser moi valiente para esa entrega total. Sinto fascinación e amor por esa personaxe. Por iso Karlotti estivo moi presente na creación do actual libro.

“A revolución é renunciar a ser funcionario”

Atopamos nestas páxinas unha das mellores definicións da pandemia: “Fomos a todas partes e todas as partes viñeron a nós”. E para vostede que foi?

En termos estrictamente persoais queda mal dicilo debido ás numerosas perdas humanas, pero para min a pandemia foi unha bendición. Coincidiu cun momento doce no que aprobei a oposición para o concello de Ferrol, pero estaba nun impás no que non me podía incorporar aínda. Tiña xa os meus dous últimos libros na cabeza, e por diante dous meses e medio sen outra tarefa que sentarme a escribir. Así saquei as dúas publicacións, nun momento doce.

Considera que en Galicia o ascenso social pasa por subir de labrego a funcionario?

No meu primeiro libro fixen o comentario de que en Galicia o acto revolucionario puro é renunciar a unha praza de funcionario, ou en determinados postos como antes era entrar na Caixa, Citroen e Bazán. Tiñas un traballo para toda a vida e a redención da escravitude agraria. E no sector cultural podemos ver compañeiros que padecen unha mala xestión, pero a igualdade de cualificación se traballas no sector privado gañas moito menos e tes menos tempo libre que no público. Trátase dun mercado de traballo moi polarizado.

Por que é divertido vivir con pouca autoestima?

Intento positivar as cousas. Cando percibes o despregue de pavos reais de moitos amigos, ou os complexos de superioridade dos que saben de todo... sinto un pudor infinito. Ese pudor é aportado pola vergoña allea que axuda a detectar a pomposidade e a estupidez doutra persoa, dos machos alfas que adoctrinan. Todo iso ponme moi nervoso. Padezo de non ir de sobrado pola vida, dubido mogollón. Hai moitos anos fundamos uns amigos a Sociedade Patafísica do Atlántico co congreso Libera a parte idiota que hai en ti. Todos temos un imbécil no interior.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents