A Palabra do Ano 2022 poderá aínda votarse ata este domingo 25 de decembro

As finalistas son autoestima, candorca, comadre, ecocidio, inflación e resiliencia

Votacións para a Palabra do Ano 2022.   | // RAG

Votacións para a Palabra do Ano 2022. | // RAG / Redacción

Redacción

Ata as 23.59 horas deste domingo 25 de decembro, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié manteñen aberta a votación popular para a escolla da Palabra do Ano 2022.

As voces finalistas son autoestima, candorca, comadre, ecocidio, inflación e resiliencia. E todas elas fan referencia ás sensibilidades sociais neste ano que remata: desde a saúde mental ata a ecoloxía ou os maremotos económicos. As voces son resultado precisamente da “fase de recolla de suxestións da iniciativa promovida por ambas entidades a través do Portal das Palabras, o proxecto que impulsan para a difusión do léxico galego”, indica a RAG.

Este Portal das Palabras funciona como espazo de divulgación da lingua galega con xogos, vídeos e outros contidos amenos.

Suscríbete para seguir leyendo