Santos e Nadal, inverno carnal

Bacallau con coliflor, sopas de améndoa, apalpador e présa de sal no pozo para iniciar as festas con bo pé a través das mellores tradicións galegas

O apalpador cos nenos por Galicia.   | // BERNAVÉ / GUTIER

O apalpador cos nenos por Galicia. | // BERNAVÉ / GUTIER / patricia hermida

Para a sabiduría galega, tampouco hai fronteiras. Así podemos comprobalo nos numerosos refráns e ditos populares, especialmente no Nadal. Só o Consello da Cultura Galega recopila no seu arquivo unhas 120 escolmas sobre estes días de frío, enchentas e celebración infantil. Desde os climatolóxicos: Nadal mollado, xaneiro xeado. Ou os que só falan de comer e beber: No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote. Ata os que exaltan directamente a vida: Santos e Nadal, inverno carnal. A lingua expresa así séculos de historia e tradicións en torno a estas datas, desde o bacallau con coliflor ata o apalpador.

O bacallau estes días nos mercados galegos

O bacallau estes días nos mercados galegos / GUSTAVO SANTOS

Non podía ser doutra maneira na cultura galega, tamén o Nadal xira en torno á morte. Ata tal punto que as ánimas aparecen como convidadas silenciosas nas ceas de Noiteboa e Noitevella, mesmo con pratos baleiros para os familiares falecidos nalgunhas casas. O ocultismo tiña unha forte presencia no Libro das Horas e noutras obras de Vicente Risco, onde chegaba a falar de como en vilas como Xinzo da Limia o cabeza de familia debía quedar en Noiteboa na casa para recibir aos espíritus.

O coello polo San Xoán e a perdiz polo Nadal. Esa recopilación de refráns do CCG amosa a querencia galega polo estómago agradecido. Entre os pratos máis típicos para estes días/noites aparecen ese bacallau con coliflor, aínda que lonxe quedan outras ceas do pasado que se facían con máis verzas e grelos. A historia co bacallau remóntase a cando a Igrexa prohibía comer carne ata o mesmo día 24: por iso elexíase o peixe para Noiteboa, e asados de tenreira, lacón, bacoriño, capón de Vilalba ou cabrito para Fin de Ano. A abstinencia imperou ata o Concilio Vaticano II (1962), aínda que en Galicia transformouse case nunha tradición ata xa entrado o século XXI.O bacallau tamén podía servirse acompañado de repolo e allada.Máis doces eran as sopas de améndoa de Verín.

En canto ao apalpador, pode baixar ás casas o 24 ou o 31 segundo a zona. Sobre el escribiuse por primeira vez oficialmente en 1992, na revista Alicerces do Museo do Pobo Galego. Pero consolidouse no século XX. Ademáis deste habitante dos montes do Courel, outras lendas falan de botar unha présa de sal no pozo ou deixar en auga flores de malva recollidas en San Xoán.

As cinzas do tizón

Na súa aportación á Historia de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco fala especialmente da cultura espiritual. E aporta isto sobre o tizón de Nadal (un gran tronco aceso na lareira ata Aninovo): “É un cañoto grande dunha árbore, que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a metade... Ten relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume”.

Panxoliñas desde Santo Tomás de Aquino

O termo panxoliña procede das dúas primeiras palabras do himno eucarístico Pange lingua escrito por Santo Tomás de Aquino para a festividade de Corpus Christi no século XIII. Pero non se consolidou ata 1956, cando o xornalista e etnógrafo galego Cipriano Torre Enciso escribiu e editou o libro Panxoliñas: retabro galego de Nadal como regalo para as súas amistades. Considérase como unha das primeiras obras cultas adicadas ao Nadal en Galicia por un escritor en lingua galega. Mesmo ao ano seguinte, varias das súas panxoliñas emitíronse na TVE con María Romero e Carmiña Piñeiro cantando O meu Manoliño e Vilancico das Meigas, como recopilan investigadores e historiadores como Xosé Enrique Acuña.

O parecido das panxoliñas coas cancións de berce é inequívoco: Falade ben baixo, petade pouquiño, para que non desperte o Noso Ruliño (…) Porque aquí non-é ben ruar. Vamos compañeiros vamos, vamos todos cara a Belén.E rorro.

Suscríbete para seguir leyendo