A autobiografía soñada de Chévere
Patricia de Lorenzo, un dos puntais da formación teatral, narra para este diario as chaves dos 35 anos de historia da compañía: “A nosa liberdade fíxonos mellores”

Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira / Chévere / Kalandraka
A década prodixiosa compostelana. Entre finais dos 80 e finais dos 90, Santiago viviu a movida máis movida dos estudantes: cunha cidade disposta para a festa. As galerías convertidas en formigueiros da noite, facultades centenarias con outras novísimas dispostas a cambiar o mundo, cine a 300 pesetas (ou menos). E o Chévere como Sancta Sanctorum de semellante templo do carpe diem (e cun altar chamado Sala Nasa). A formación teatral celebra agora 35 anos, cun libro que presenta este martes na Coruña (Libraría Berbiriana) e representacións como N.E.V.E.R.M.O.R.E.este mércores no Rosalía de Castro e Curva España o xoves no mesmo teatro. Un dos seus puntais, Patricia de Lorenzo, fai memoria para este diario con Chévere. Trinta e cinco anos de axitación cultural (editado por Kalandraka).

A compañía Chévere en 1995. | // JESÚS DE ARCOS / patricia hermida
“O libro é unha conversa entre Miguel de Lira, Xesús Ron, Manuel Cortés e eu sobre Chévere, un repaso da historia máis recente do teatro galego e un documento sobre o contexto que nos tocou vivir”, explica a actriz, na compañía desde 1994. “O noso público e os profesionais atoparán vivencias moi recoñecibles, os novos que se queren iniciar na profesión terán unha referencia en primeira persoa, é unha autobiografía a varias voces”, avanza. A conversa iníciase entre De Lorenzo, o actor e director Miguel de Lira (fundador en 1987), o actor e director Xesús Ron (que entrou en 1988) e o actor e guionista Manuel Cortés (desde 1992). “Nos últimos capítulos invitamos aos colaboradores de N.E.V.E.R.M.O.R.E. (producción co Prestige de fondo) e no epílogo incorpórase Roberto Pascual (director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia)”, en orde cronolóxica “para facer memoria colectiva”.

Representación de 'N.E.V.E.R.M.O.R.E.' / Luz Soria
Indica Patricia de Lorenzo que “repasamos a vida da compañía e as circunstancias polas que fumos vítimas, como xente adicada ao teatro e xestores da Sala Nasa” (en alusión ao peche en 2011 con Conde Roa de alcalde e nun contexto de recorte brutal das subvencións públicas á cultura). “Fóra de Galicia non cren o que pasou entón, facemos memoria de momentos divertidos e outros non tanto, dos nosos erros con momentos febles... o mérito é levar 35 anos cun discurso propio e político”, defende a actriz.

Ensaio de ‘As fillas bravas e o mito de Casandra’ en 2020. | // XOÁN ÁLVAREZ / patricia hermida
De Lorenzo enorgullécese de como “a nosa liberdade fixonos mellores, moitos actores decidiron pasarse ao audiovisual porque daba máis cartos e iso desfixo ás compañías... nós continuamos coa liberdade”.
“Fáltanos o recoñecemento das institucións”
Recorda Patricia de Lorenzo como “sentimos o recoñecemento por parte da profesión cando pechamos a Nasa, Chévere recibiu premios que non recibira nunca en Galicia, mesmo o proxecto da Nasa foi galardonado cando xa non existía e en 2014 recollimos o Premio Nacional de Teatro”.
Pero falta algo: “Fáltanos o recoñecemento das institucións públicas e non só a Chévere senón a todo o teatro galego”. Por exemplo, “para poder estar tres semanas nun teatro con N.E.V.E.R.M.O.R.E., que fala sobre a catástrofe do Prestige hai que ir a Madrid porque aquí é inviable”. De Lorenzo refírese a que os espectáculos non están varios días nun mesmo teatro en Galicia, aínda que teñan público: “As institucións deben poñerse mans á obra e ser capaces de ofrecer espectáculos durante unha tempada”.
No caso da Coruña, “estamos fartos de recibir chamadas dicindo que non hai entradas, esta cidade debería ter máis días un espectáculo sobre o Prestige, os teatros están cheos e as institucións deben estar á altura”.
Suscríbete para seguir leyendo
- La empanada de A Coruña que triunfa por su masa y relleno: 'Algunos cogen el coche para venir a por ella
- El 'paraíso de la desconexión' está a 30 minutos de A Coruña y a solo 2 de la playa: piscina privada, restaurante y apto para mascotas
- De trabajar con Dabiz Muñoz a abrir dos pastelerías en tres meses y la tercera pronto en A Coruña
- Uno de los pueblos pesqueros más bonitos de España está a tan solo una hora de A Coruña
- Olvídate de Riazor: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Inditex consolida en A Coruña sus ocho fábricas, que facturan 1.400 millones
- Desalojado un edificio del Barrio de las Flores por un incendio en el séptimo piso
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa