Castelao será recoñecido como presidente do Consello de Galiza

O escritor e político recibiu onte unha homenaxe polo 137 aniversario do seu nacemento

Asistentes á homenaxe polo 137 aniversario do nacemento de Castelao, onte.   | // XOÁN ÁLVAREZ

Asistentes á homenaxe polo 137 aniversario do nacemento de Castelao, onte. | // XOÁN ÁLVAREZ / Redacción

Redacción

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, anunciou onte que a Cámara galega atenderá á petición impulsada polo Partido Galeguista e as entidades da emigración de Bos Aires e acollerá un acto de homenaxe para recoñecer o pael de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como “Presidente do Consello de Galiza-Primeiro Presidente de Galicia”.

Santalices avanzou dita homenaxe no acto conmemorativo polo 137 aniversario do nacemento do escritor e político de Rianxo no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval. Esta celebración contou cunha ampla asistencia entre os que se atopaban o conselleiro Román Rodríguez, Xan Leira, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños, Luis González Tosar, Ana Vila Portomeñe ou o secretario xeral do PG, Francisco López, Chesqui.