Un novo libro de Domingo Villar sairá á venda en setembro con Editorial Galaxia
'Sibarís' é o título da obra póstuma que verá a luz este ano

Domingo Villar. / Pablo Vázquez
RAC
Sibarís é o título dun novo libro do desaparecido Domingo Villar (Vigo, 1971-2022) que verá a luz en setembro deste ano da man de Editorial Galaxia. Esta nova publicación póstuma do aplaudido autor galego é unha obra de teatro que Domingo Villar deixou rematada por completo e que entregou á Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza dramática protagonizada por un escritor que vén de recibir o Nobel mais que se atopa nun bloqueo creativo dende hai ben de anos, segundo adianta a editorial.
O texto presenta o "fino sentido do humor que Domingo Villar destilaba" e polas páxinas desta nova obra inédita desfilan "as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria e que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de todos aqueles e aquelas que se dedican a escribir", informa Galaxia. "Trátase --engade a editorial-- dunha reflexión aguda, cómica, ás veces despiadada mais sempre lúcida, arredor da literatura e todo o que a rodea".
Os responsables deste proxecto na editorial que publicará esta obra póstuma de Domingo Villar suliñan tamén que os seguidores do creador do detective Leo Caldas accederán aquí a un escritor "poliédrico que era moito máis que un construtor de tramas policiais como xa quedara demostrado no delicado Algúns contos completos que a Editorial Galaxia publicou en 2021 e que tanto éxito de público e crítica alcanzou". Consideran desde Editorial Galaxia que esta achega ao teatro do finado Domingo Villar seguirá "facendo o mesmo que fixo durante a súa corta mais fecunda vida: seducir lectoras e lectores para a literatura galega".
- Así empezó Zara: Amancio Ortega, el jefe cercano que visitaba cada establecimiento en su Renault 5 rojo
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Oficial: el alquiler turístico queda prohibido en todas las comunidades de vecinos
- Un concierto anunciado por el Concello en Riazor abre otro frente con el Dépor
- La nueva residencia de mayores Eirís comenzará a recibir a residentes a finales de año
- Una librera de A Coruña estalla tras sufrir la estafa de este autor: 'Non vas ver un céntimo
- Carmen quedó parapléjica a los dos días de operarse la rodilla en Ourense
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial