A Xunta amplía ata o 31 de maio o prazo para cubrir a enquisa de convivencia
B. C. [ a coruña]
A Xunta abriu ao conxunto da comunidade educativa a IV edición da Enquisa de Diagnose da Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo ampliuse ata o 31 de maio. É, segundo o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, “a maior mostra deste ámbito” que se realiza na Comunidade Autónoma, xa que está dirixida a arredor de 500.000 persoas que conforman o conxunto do sistema educativo galego” entre familias, alumnos a partir de 5º de Primaria, docentes e persoal non docente vinculado aos centros educativos de todas as etapas (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP, escolas de idiomas e conservatorios de música e centros de ensinanzas artísticas).
A enquisa cóbrese a través dunha aplicación informática específica en liña, e son os directores dos propios centros os encargados de xerar as claves de acceso para todos os membros da súa comunidade educativa, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes. Desta forma, os destinatarios poden acceder ao cuestionario —coas claves aleatorias que lle asinen— a través de calquera dispositivo electrónico (ordenadores, móbiles, tabletas…). A maiores, as familias, a través de Abalar móbil, reciben un aviso sobre a dispoñibilidade da enquisa.
Por primeira vez este ano incorpórase un bloque específico de preguntas do ámbito da igualdade, outro relacionado coas tecnoloxías da relación, a información e a comunicación, e un terceiro sobre orientación vocacional.
- Los nuevos contratos de atención en el hogar superan ya los 23 euros por hora
- El jurado declara 'no culpable' a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero
- El Supremo confirma la condena de 14 años de cárcel a 'El Chicle' por violar a cuñada cuando era menor
- Casi 300.000 gallegos no podrían comprar tabaco durante toda su vida si se aplicase el veto inglés
- Rumbo a Lorient, á final da Champions tradicional
- La ciencia desvela el nombre de niño más bonito del mundo: popularizado por un famoso cantante
- El acusado del crimen de Judith estuvo en prisión por matar a su pareja
- Cada estancia hospitalaria le cuesta 10.700 euros a Sanidade, un 22% más que en prepandemia