Os podólogos galegos reclaman a súa inclusión na atención da diabetes no Sergas

Alba Prada

Santiago

O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (Copoga) leva tempo pedindo que os especialistas na saúde do pé formen parte do Sistema Público de Saúde, pero de momento non tiveron éxito. Así o explica a presidenta do Colexio, Ana Requeijo, que agora volve insistir en dita demanda ante a firme aposta que a Consellería de Sanidade está facendo polos procesos asistenciais integrados (PAI) co obxectivo de que o paciente reciba a mesma atención, homoxeneizada e adaptada, independentemente do sitio de Galicia no que viva. Fai un par de semanas o sistema estendeuse tamén á diabetes mellitus tipo 2 e os podólogos piden formar parte do mesmo ao ser, aseguran, básicos para tratar o pé diabético.

“Están incluíndo a distintos profesionais para atender aos pacientes con diabetes mellitus tipo 2 e nós somos necesarios nese equipo multidisciplinar pero non estamos contemplados. Dános pena todo isto porque insistimos polo ben de todos: o dos pacientes diabéticos e o da nosa sanidade. E é que a nosa inclusión suporía un aforro de costos e unha mellor atención a estes pacientes”, asegura Requeijo.

Tracking Pixel Contents