Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Yolanda Castaño, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

REDACCIÓN

a coruña

A obra Economía e Poesía: rimas internas, de Yolanda Castaño, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 14 de decembro de 2023, ás 11.00 horas, no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, en Santiago de Compostela.

O ensaio premiado nesta edición do Premio Ramón Piñeiro, está dotado con 3.000 euros e será publicado por Editorial Galaxia durante o próximo ano.

O xurado destacou neste ensaio a súa capacidade para abrir un debate sobre a profesionalización do mundo cultural e a necesidade de dignificar as e os traballadores da palabra en xeral, e da poesía, en particular, con remuneracións acordes ao valor e importancia do seu traballo.

Tracking Pixel Contents