Os Premios Lois Peña Novo xa teñen gañadores

O xurado dos XXVIII Premios Peña Novo, que recoñecen o traballo a prol do galego, acordou galardoar ao Concello de Carballo pola súa política lingüística para fomentar o uso do galego; a María Jesús Lago, xefa de Traballo Social da EOXI de Vigo por defensora do galego no ámbito sanitario; e a Carlos Pajares, doutor en Física da USC.