Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Consello da Cultura aborda o uso do galego nas exequias

Advirte de que, durante cinco séculos, a lingua estivo vedada nos cemiterios: «Isto vai cambiar»

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A importancia da lingua escollida para os ritos funerarios de distintas confesións relixiosas, a súa pegada cultural e antropolóxica e a nosa relación con ese momento a través da lingua galega, foron os temas que se abordaron nos XXVI Encontros para a Normalización Lingüística, Vivir e perdurar na nosa lingua, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega co apoio da Secretaría Xeral da Lingua. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o secretario xeral da Lingua, Valentín García e un dos coordinadores, Bernardo Penabade, foron os encargados de abrir onte esta cita.

«Durante cinco séculos os cemiterios dos territorios de cultura galega foron campos vedados para a expresión escrita da lingua común ás persoas defuntas e ás súas familias... Mais esta situación anómala está a mudar», asegurouse na xornada.

Tracking Pixel Contents