Espazo Educativo. Emprendemento
A Xunta premia a 77 alumnos polas súas ideas de negocio
Un total de 77 alumnos de 11 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia foron premiados este mes pola Xunta de Galicia no certame Atrévete a ter unha idea. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, gabou a calidade e a creatividade dos proxectos presentados e animou aos alumnos a seguir a senda do traballo e a responsabilidade. “Hai unha gran valentía en todas as vosas propostas, e é precisamente o valor o que debe levarvos a traballar para cambiar as cousas para mellor”, sinalou Rodríguez, que destacou a importancia de fomentar a cultura emprendedora desde o sistema educativo como vector de transformación do conxunto da sociedade.
Enmarcado no Plan Eduemprende, o concurso ten entre os seus obxectivos promover as competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado así como dar a coñecer aos estudantes o tecido industrial. O concurso conta con catro modalidades —individual Primaria e Secundaria e grupal Primaria e Secundaria— e son premiadas as tres mellores ideas de cada categoría. O alumnado galardoado recibiu un dispositivo dixital ou unha experiencia multiaventura.
- De las BBC en Arteixo a la Panorama
- El chubasquero de Lidl para los días de lluvia y frío que está arrasando en ventas y está rebajado a 12 euros
- La lluvia subterránea que no cesa en O Burgo
- Una embestida en el cruce de ronda de Outeiro con avenida de Gran Canaria se salda con un taxista herido
- La Agencia Tributaria avisa a todos los españoles que tengan en propiedad un piso o una casa sobre el IRPF
- Así es el armario de Ikea que conquista a los clientes por práctico y por su precio: solo 15 euros
- EN DIRECTO | Leche Río Breogán - Leyma Básquet Coruña | Último cuarto
- Calma tensa por Yeremay