Os medios debaten o seu papel na erradicación da violencia machista

R.S.

«Os medios de comunicación e as industrias culturais deben asumir a enorme responsabilidade e o poder que teñen para construír a realidade, erradicar a desigualdade e a violencia machista», dixo onte no VI Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero —que tivo lugar no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)— a docente e investigadora Coral Herrera.

Na inauguración do Congreso, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, participaron a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana Pérez, a decana desa Facultade, Ana Isabel Rodríguez, e a presidenta da APG, María Méndez.

No Congreso participaron como ponentes as xornalistas Alba Chao, responsable da edición dixital de Faro de Vigo, do mesmo grupo que LA OPINIÓN, e Raquel Tejero, delegada en Galicia do xornal El Debate, nun coloquio moderado por Laura Fresneda, alumna de Xornalismo da USC; e as creadoras de contido Sindy Takanashi e María Rubio (Miare), youtuber.

Tracking Pixel Contents