Videoxogos galegos sen violencia
Durante toda a fin de semana, o Culturgal, a Feira das Culturas de Galicia, encherá a cidade de Pontevedra de actuacións, presentacións de libros, películas e videoxogos. Entre estes últimos, varios proxectos galegos que renuncian á violencia nas imaxes
mar mato
E se para salvar o teu fogar tiveras que destruir un mundo feliz onde todo funciona e é agradable? É a cuestión ética que plantexa un novo videoxogo galego, Inside utopia. Nacho Pintos explica que «se inscribe no xénero visual novel que lembra os comics interactivos nos que o xogador vai tomando decisións». Neste caso, a persoa xogadora adopta o rol de Didi, unha rapaza obrigada a viaxar á Illa Utopía para roubar a principal fonte de enerxía deste lugar. Precísao para salvar o espazo onde vive. «Para que o seu reino se salve, Utopía debe colapsar», subliña Pintos.
O problema radica en que Utopía é un mundo feliz, no que todo funciona ben e é agradable. Realmente a xogadora destruirá esa perfección? «Nós levamos doce anos na industria do videoxogo. Esta idea xurdiu da saturación de distopías na ficción cos zombies e o terror por todas partes, así como da realidade que vemos nos medios onde todo é pesimismo. Non hai unha visión positiva do futuro. O noso obxectivo é reflexionar como queremos que sexa o noso mundo para cambialo para ben», sinala.
O videoxogo —cuxo equipo creativo é todo galego— culminárono grazas a unha subvención dos fondos europeos Next Generation. «Todo o equipo creativo é galego, con artistas de zonas como Chapela (Redondela); músicos de Santiago e Pontevedra...». Está traducido a doce idiomas —entre eles, o galego— coa vocación de chegar a moitas culturas. A partir de xaneiro, poderemos descargalo gratis na plataforma dixital Steam.
Mañá, ás 12.00 horas, preséntano no Culturgal e hoxe de mañá e tarde a xente que queira poderá xogar a el na feira cultural.
Outro videoxogo presente no Culturgal plantexa un escenario diferente. Unha xelatina alieníxena cae no planeta Terra para sementar o caos cunha fame que a empurra a comelo todo. A medida que se nutre, máis grande se fai. É a proposta de Gelatina tiene hambre, un videoxogo da firma galega Under Castle que, dende setembro pasado, atopamos na plataforma online Steam.
As xogadoras e xogadores que se atrevan meteranse no rol da xelatina co fin de evitar que ninguén pare. «Está pensado para todo tipo de edades», sinala a directora do xogo, a pontevedresa Carolina Nickelle Lois.
O videoxogo está en galego, castelán, éuskaro, catalán, portugués, inglés e alemán e trátase do primeiro proxecto comercial de Under Castle, empresa formada por un equipo que saiu da primeira promoción do Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos da Universidade de A Coruña (UDC).
Responsables do xogo acudiron ao Culturgal onte a partir das seis da tarde e o público asistente puido probar o xogo na feira.
Outro videoxogo galego que renuncia á violencia e será presentado no Culturgal é o Spells & Spices, de Emergency Meeting. Detrás deste nome, atópanse nove estudantes do grao de Videoxogos da UDC, de 21 ou 22 anos de idade.
«Imos presentar unha demo. Xurdiu nunha materia de terceiro curso, o ano pasado, e a partir de aí desevolvolvémelo un pouco máis», explica Antía Iglesias. Esta estudante universitaria, así como o resto dos compañeiros, soñan con que este videoxogo chegue ao mercado pero a falta de financiamento supón un freo.
«É complicado lograr o diñeiro, sobre en Galicia. Hai axudas que dá o Estado. Nas dos videoxogos, tes que adiantar diñeiro para obter a subvención; poñer uns 10.000 ou 20.000 euros. É unha contía que a economía dun estudante non pode tolerar», lamenta.
Spells & Spices ofrece un xogo de acción e aventura na que cociñeiros intentan salvar o mundo dos alimentos corroídos polo mofo. Ese balor móvese polas vilas e ataca os cidadáns. O obxectivo de quen xogue é salvalos. Hai varias cidades, cada unha representa un sabor como Illa Ácida. «É un xogo sen violencia para todos os públicos; aos nenos encántalles. Todo o sábado estará a demo disponible no Culturgal para xogar», conclúe Antía Iglesias.
Outro videoxogo que renuncia á violencia é Xerme de Acariño, que esperan que saia á venda a comezos de 2026. Andrés Sanjurjoresalta a «singularidade estética» do mesmo.
«É un videoxogo de exploración e puzzles no que comezas como unha figura antropomórfica branca que vai polo mundo transformando a enerxía. Ten que ir facendo puzzles e avanzando en novos escenarios. A través de sementes, animais e persoas coas que se fusiona vai collendo enerxía e avanzando», explica Sanjurjo.
O fin do estudio é lograr parceiros internacionais para a súa venda alén de España deste proxecto indie. Hoxe pola tarde a xente poderá xogar a el no Culturgal.
En proceso, atópase After Juice. Animal Disco Mafia que naceu como un traballo de fin de máster en Desenvolvemento de Videoxogos. Sinala Danae Romero —que explicará o proxecto mañá sábado no Culturgal— que os puntos fortes son o humor e a estética.
«A forma na que falan os personaxes resulta moi cercana para os xogadores polos xogos de palabras e a retranca. Isto fai que sexa sinxelo e pouco pesado, incluso para xente que non adoita xogar a aventuras gráficas. Por outro lado, a arte chama moito a atención, con certas cousas mesturadas con outras máis actuais», explica sobre «Afer Juice» Danae Romero.
A demo téñena publicada en Itch.io e dubidan se preparar unha para Steam. «De momento, non nos repercute en ningún tipo de ingreso económico», sinala esta rapaza, que estudou Belas Artes en Pontevedra.
Suscríbete para seguir leyendo
- El hijo de César Cadaval de 'Los Morancos' se sincera sobre su padre: 'Ya me da igual
- La borrasca Éowyn supera las previsiones en Galicia: ya se registran vientos de más de 150 kilómetros por hora
- No más pan rallado: esta es la alternativa para empanar sin carbohidratos
- Cristina Piñeiro, trasplantada de médula: «A mi ‘Don German’, que es como llamo a mi donante alemán, le debo la vida»
- Jairo, candidato a lateral del Deportivo
- EN DIRECTO | RC Deportivo - Levante UD
- Así quedan los abonos de Renfe tras el fin de la gratuidad para viajeros frecuentes
- Galicia estará en alerta por temporal este domingo: llega la borrasca 'Herminia