Apiario celebra 10 anos de vida cun libro conmemorativo de 21 poemas

‘O libro das abellas’ presenta creacións compostas ex profeso por voces como Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Angueira, Estíbaliz Espinosa ou Lucía Aldao e María Lado

Dores Tembrás e Antía Otero, na FIL en México este ano

Dores Tembrás e Antía Otero, na FIL en México este ano / A. O.

mar mato

Hai 10 anos, nacía na Galicia unha pequena editorial que se puxo como fin editar só poesía en galego ao tempo que creaba unha rede de autoras, lectoras e fans. O seu facer traspasou fronteiras e na pasada Feria del Libro de Guadalajara (FIL) en México as súas responsables —Dores Tembrás e Antía Otero— foron convidadas a falar do seu singular proxecto. Como conmemoración, sacan agora do prelo o poemario O libro das abellas, con 21 poemas de creadoras e autores senlleiros.

A obra é unha xoia polo contido e o deseño, con cuberta en cartolina e estampación en dourado das letras e dos debuxos de abellas; pero tamén pola elección da autoría, dende Manuel Rivas a Marilar Aleixandre, Anxo Angueira, María do Cebreiro, Carlos Negro, Daniel Salgado, Susana Sanches Arins, Lucía Aldao e María Lado, as propias editoras (que tamén son poetas) e outras firmas.

«É un libro que leva moito tempo con nosoutras. Nos últimos dous anos, xa tiñamos concebido o proxecto. Queriamos celebrar a década facendo partícipes ás autoras e autores de Apiario. O lugar de reunión era este libro. Pedímoslle que escribiran algo vinculado co mundo das abellas», explica a editora Dores Tembrás.

A tamén poeta resalta que «estamos moi contentas co resultado porque os textos son excepcionais». Comezamos na apertura con Lucía Aldao e a súa reflexión sobre o desexo, o traballo e a as abellas; e coa construción novidosa do poema de Aleixandre quen canta á linguaxe cifrada nas colmeas e nos poemarios de tinta.

Con María do Cebreiro, revivimos un episodio da nenez e da picadura masiva dun enxame e a solución alén da ciencia para o mal de ollo nos cativos; e Marta Dacosta escribe sobre a danza xeroglífica das abellas. «Cada autor ten unha voz distinta pero co foco posto na abella. A recepción de cada un destes textos era unha festa. Non puido ser mellor celebración», sinala Tembrás.

A editora dubida, mais non descarta, facer un recital con parte das autoras, aínda que recoñece que será complicado cadrar axendas. «Hai poetas de todo o país; é difícil», recoñece.

«Somos un proxecto superhumilde. Ter unha conciencia clara das dimensións do proxecto é fundamental. Editamos o que podemos coidar, non máis», subliña a editora. «Este ano sacamos catro libros e foi un esforzo porque normalmente sacamos tres por ano», engade.

Recoñece que «como calquera proxecto cultural no noso país» pasaron algúns momentos de dificultade: «Hai uns anos houbo unha suba tremenda nos costes de produción e do papel. Houbo que xestionalo. Tamén é certo que temos unha rede moi potente de lectoras e lectores máis alumnado. Son eles os que sosteñen o Apiario». Pero tamén houbo intres de aplauso como o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández para Gonzalo Hermo polo seu libro Celebración.

Dores Tembrás lembra que comezaron a pensar na nacemento da editorial porque «as dúas dabamos obradoiros. Estabamos nun punto vital moi semellante. Tiñamos o pensamento da importancia da edición en poesía e vimos que había un lugar por explorar. Lanzámonos pensando en como nos gustaría ser editadas e prestando atención ao obxecto. Estivemos un ano co plan de empresa ata que viu a luz». A editorial publica cada ano o libro gañador do Premio de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo.

O coidado da edición é unha das máximas. «

Dúas editoras e procuradoras de tesouros

As editoras e poetas Antía Otero e Dores Tembrás gardan multitude de momentos no corazón da vida de Apiario pero hai un sobre todo que lles latexa no recordo dun xeito especial: «O momento xuntas montando os andeis para pór os libros e as cadeiras e mesas para as clases».

Somos lectoras e procuradoras de tesouros e por estes entendemos os tipos de papeis, tipografías...», engade Dores Tembrás.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents