Un cadro de Castelao estivo nunha casa de Caión durante varios anos da posguerra
Xabier Maceiras *
Dedicámoslle As Crónicas da Laracha da semana pasada a Luis Varela, médico de Caión dende 1943 ata 1958, e para documentar ese texto contamos coa inestimable colaboración de Ángeles Souto Varela e de Maruxa Heras, neta e bisneta do doutor, que tiveron a ben contarnos moitas pinceladas dos seus devanceiros, e cedernos abondosa documentación da época na que Luis foi represaliado polo franquismo.
Pero Ángeles tamén nos falou dunha anécdota que nos parece de grande interese por coincidir estes días co 75 aniversario do pasamento de Castelao, finado en Buenos Aires o 7 de xaneiro do ano 1950. E é que, segundo puidemos saber, un dos seus cadros estivo durante algúns anos na casa do Rueiro das Figueiras de Caión na que o médico Luis Varela Curbera residiu coa súa familia e deu consulta nos anos 50.
Segundo explica Ángeles, o intelectual regaloulle ao seu bisavó, Ángel Varela Santos, unha obra, pois "ademais de ser o seu oculista, eran moi bos amigos", relata. "Ese cadro permaneceu oculto en Caión durante moitos anos. Miña avoa, Estrella, soubo del despois de morrer meu avó, Luis [o médico]. A miña nai recorda que o cadro estaba no faiado da casa de Caión e que era como unha paisaxe cunha escalinata na que cre que había nenos. Ten un vago recordo del porque, claro, hai moitos anos diso. Ela era moi pequena. Parece ser que no faiado había dous cadros e durante un tempo pensaron que os dous eran de Castelao, pero ao final sóubose que só era un. No Museo de Pontevedra acreditaron que esta obra era, efectivamente, del", conclúe a muller.
* Xabier Maceiras é divulgador cultural e escritor
- Así serán las bajas médicas a partir de 2025: Un nuevo sistema que evaluará la situación de cada trabajador
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- Arantxa del Sol, exconcursante de 'Supervivientes', ficha como colaboradora por este programa de TVE
- La DGT activa un nuevo radar en una carretera que une Oleiros, Cambre y Abegondo
- No más pan rallado: esta es la alternativa para empanar sin carbohidratos
- Yeremay pacta con el Deportivo no irse en enero: hay mejora de contrato y subida de cláusula
- Así es el plan de mercado del Deportivo sin Lucas: recuperar a Rubén, un ariete y un lateral izquierdo
- Ikea recupera la estantería para el baño que arrasa entre los jóvenes: menos de 6 euros y se monta sin obra, ni agujeros