«Non chegamos ao punto de non retorno na lingua; se seguimos así, chegaremos»
O Consello da Cultura Galega ten entre as súas misións estatutarias a «defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego», entre eles a súa lingua propia. Nos encontros para o Pacto pola Lingua promovido pola Xunta, a institución foi un dos interlocutores e aspira tamén a contribuír ao debate con informes e coa organización dun foro específico ao longo do ano que rematará con propostas de actuación

Rosario Álvarez. | Xoán Álvarez
C. Villar
O Instituto Galego de Estatística (IGE) amosa por primeira vez como o castelán é a lingua maioritaria en Galicia. A vostede que é o que máis lle preocupa?
Que se confirme unha tendencia que viñamos denunciando dende había algún tempo. Levamos tempo como órgano asesor facendo traballos e informes sobre a situación da lingua e facendo ver unha pendente cara a unha situación da lingua que non era a desexable e que non correspondía a uns esforzos ben planificados de normalización. Confírmanse as malas noticias. Tamén creo que somos conscientes de que aínda non chegamos ao punto de non retorno. Que, se seguimos así, chegaremos, pero que, como aínda non chegamos, está nas mans de todos, e falo das institucións, pero tamén da sociedade, planificar medidas que poidan realmente deter ese deterioro e reverter a situación.
Se falamos de medidas, existe dende hai vinte anos un Plan Xeral de Normalización Lingüística, que inclúe 400. Non son poucas nin foi pouco o tempo...
Creo que todo mundo coincide en que o plan que se elaborou hai vinte anos era un bo plan, pero practicamente non se chegou a implementar. Non é agora cuestión de coller aquel plan e dicir «imos aplicalo a partir de agora», senón que hai que revisalo porque pasaron 20 anos e a situación, a da lingua, a de toda a sociedade, cambiou radicalmente. Por tanto, trátase de pór aquel bo plan sobre a mesa e de ver de que maneira se pode adecuar á situación actual e é o que pretende facer o proxecto que lanzou a Xunta. Esperamos a ver en que conclúe e que tipo de plan se deseña para os anos sucesivos, pero, por moito que poñamos sobre un papel medidas extraordinarias e acordadas entre todos, se non se levan a cabo non hai que esperar que funcione.
Búscase un Pacto pola Lingua. Xa houbo consenso en 2004. Non sería o seu recuperalo?
Se se trata de que todo o mundo pide que se reactive o Plan de 2004, cómpre facer o traballo que propón facer a Xunta e eu entendo que ese traballo está feito con moitas voces e sensibilidades e perspectivas diferentes. Deixemos que rematen o seu traballo antes de poñerlle tachas á obra; non me parece unha posición nin xusta nin adecuada. Trátase de que todos rememos xuntos; partamos xa de entrada de que somos capaces de facelo.
A RAG falaba de estarmos ao borde dun colapso e unha das principais responsabilidades púñaa na Xunta e no decreto do ensino. Que opina vostede?
Téñome que remitir aos informes; facer valoracións non é o estilo do Consello da Cultura. Somos un órgano asesor que analizamos os datos, nosos e doutros, que tamén facemos unha lectura positiva, pero crítica, das análises que fan outros e que procuramos aproveitar da mellor maneira posible as distintas voces que se pronuncian darredor de cada un dos problemas que analizamos. Neste caso nós temos dito máis dunha vez que, efectivamente, o sistema educativo é importante, fundamental, crucial, na pervivencia da lingua galega, na normalización, na transmisión. Non lle vou quitar ningunha importancia. Cando falamos do sistema educativo, hai que aclarar que non nos estamos referindo só ao que acontece dentro da aula, nin dentro da aula de galego, nin dentro da aula de calquera outra materia, que aí tamén hai moito que mellorar, non digo que non, senón tamén no que acontece no patio, nas relacións da propia comunidade educativa, nas actividades extraescolares, etc. É dicir, en que medida o sistema educativo é un espazo de socialización en galego, de intercambio entre pares de lingua galega, de transmisión da lingua galega. Habería que ver tamén iso. Pero tamén temos dito que toda a sociedade está implicada. Non só as familias, non é só cuestión de que transmitan no espazo familiar a lingua, que tamén é importantisimo; non só o sistema educativo, é toda a sociedade, o deporte, o lecer, os medios. Temos que remar xuntos toda a sociedade.
O Foro que principia agora é unha das achegas que fai o Consello a este debate para ofrecer medidas concretas e prioritarias. Que acontecerá co que saia daí?
Tamén o quixera saber eu. Nós escollemos unhas liñas temáticas sobre as que xa temos advertido en anteriores informes, que están incluídas no Plan Xeral da lingua e polo tanto estes foros contribuirán a fornecer outro punto de vista das temáticas que se van tratar nos foros do Pacto pola Lingua. Cada mes, de febreiro a xullo inclusive, imos tocar cada unha da seis liñas fixadas. Xuntaremos un grupo de expertos e público convocado que tamén terá o seu grado de autoridade para poder expresarse e imos ter conclusións parciais e propostas de actuación e ao final un comité xuntarao todo nun documento único, consensuado, que presentaremos como tope en novembro. Polo tanto, irase acompañando un proceso que se está dando noutras instancias. Cando dicimos persoas expertas, poden ser tanto persoas que investigan nun sector como xente destacada polas accións que emprendeu con esa temática, que tivo experiencias positivas e pode contalas dende dentro. Queremos pór o foco nesas persoas. Van ser todas persoas que teñen algo que dicir para entre todos conseguir entusiasmar emocionalmente darredor do galego a unha sociedade que xa emocionalente de entrada está a favor del.
«Os máis novos senten afecto cara a lingua»
Cando informou das iniciativas do CCG sobre a lingua en 2025 incidiu no «positivo». Case todas as noticias que saen son sobre a mala situación da lingua. Non lle vou quitar importancia a eses datos, a situación non é boa, está moi lonxe da que nós quixeramos. Sen pretender que ninguén agoche esa realidade, gustaríame que tamén se desen noticias positivas con respecto á lingua porque tamén existen. Hai persoas e colectivos que traballan a favor. Por que non se visibilizan máis? Cando falamos de datos, nestes informes últimos que se fixeron, do INE e do IGE, vese que, sendo a mala a situación da escrita, nos usos informais o galego é moito máis usado que ninguna das outras linguas oficiais. É nos usos formais e nos ámbitos cultos onde non conseguimos as melloras que se poderían producir. Ou, por exemplo, en moitos dos nosos informes dise que todos, incluídas as xeracións máis novas e os que non falan habitalmente galgo, teñen unha actitude de afecto cara a lingua moi positiva, todos queren, aprecian e sinten como un valor positivo que Galicia teña unha lingua propia. Traballemos o feito de que a queren moito para tratar de modificar a su actitude con respecto ao uso.
Suscríbete para seguir leyendo
- Denis Genreau: «Mi padre se emocionó mucho cuando le dije que el Deportivo estaba interesado en mí»
- Detenido un hombre en Monte Alto por sospecha de retención ilegal de su madre
- Abanca y Caixa Rural tendrán que devolver dinero sustraído a clientes gallegos víctimas estafas por 'phishing
- Cuándo, dónde y a qué precio comer las laconadas de las Lacónicas de A Coruña
- Hijos de Rivera impulsa una fábrica de proteínas vegetales en Curtis
- Víctor García: «¿Denuncia? Se ensució con los comunicados, tendrían que haberlo hecho de forma privada»
- Uno de los futbolistas españoles del momento desvela su sentimiento por el Deportivo: 'En casa había un amor total
- La ampliación del hospital de A Coruña derriba la escuela infantil Golfiño: «Me da mucha pena»